María Giménez, a nova investigadora Starting Grant que se incorpora ao CiQUS. Foto: Andrés Ruiz.

María Giménez, a nova investigadora Starting Grant que se incorpora ao CiQUS. Foto: Andrés Ruiz.

O prestixio internacional do CiQUS de Santiago atrae unha nova Starting Grant

A investigadora María Giménez incorporase ao equipo do centro para liderar un novo proxecto de excelencia europea

O CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela conta desde esta semana entre o seu equipo cun novo proxecto Starting Grant. Estes traballos están financiados polo Consello Europeo de Investigación (ERC, polas súas siglas en inglés), o máis prestixioso organismo europeo de apoio á investigación. A investigadora María Giménez, académica da universidade de Nottingham e beneficiaria de axudas da Royal Society de Londres (unha das sociedades científicas máis antigas do mundo), escolleu o CiQUS para establecer o seu grupo de investigación no marco do proxecto Nanocomp, malia contar con atractivas ofertas doutros centros, o que dá mostra do prestixio internacional da institución compostelá.

Giménez elixiu o CiQUS por diante doutras atractivas ofertas

A través dun contrato Ramón y Cajal, Giménez regresa así a España despois de dez anos de carreira no estranxeiro. Despois de doutorarse en Química Inorgánica pola universidade de Valencia, realizou unha estancia posdoutoral en Nottingham, tras a que obtivo unha axuda Marie Curie de dous anos. En 2011 comezou a traballar como investigadora independente coa axuda da Royal Society, e converteuse en profesora asistente en Química de Materiais na universidade de Nottingham en 2015.

O grupo Nanocomp ten como principal liña de investigación o deseño e a caracterización de nanoestruturas híbridas metal-carbono en aplicacións relacionadas co almacenamento e conversión de enerxía e a espintrónica. Esta última tecnoloxía, emerxente nos últimos anos, xa se emprega no desenvolvemento de dispositivos electrónicos máis funcionais e versátiles. O equipo de María Giménez publicou, neste senso, importantes traballos en revistas de impacto.

Deste xeito, Giménez súmase aos outros tres investigadores do CiQUS que contan con este tipo de axudas: a Advanced Grant de José Luis Mascareñas, a Starting Grant de Javier Montenegro e as Starting Grant e Proof of Concept de Francisco Rivadulla. Amais do prestixio, a atmosfera científica e o perfil multidisciplinar do centro, que abre vías para establecer novas colaboracións, influíron de xeito decisivo na decisión tomada por María Jiménez. Deste xeito, o CiQUS albergará o seu quinto proxecto financiado polo ERC, despois de  despois de ‘ METBIOCAT’, ‘2DTHERMS’ ‘DYNAP’ e ‘ANTS’ .

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.