Pilar Bermejo.
Pilar Bermejo.

Pilar Bermejo, quinta muller na Academia de Ciencias en 40 anos de historia

A científica Pilar Bermejo Barrera, catedrática de Química Analítica e decana da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, ingresará o vindeiro 9 de maio na Real Academia Galega de Ciencias. Pilar Bermejo será a quinta muller en ingresar na institución nos seus 40 anos de historia. En 1978, ano da fundación da Academia, ingresou María Pilar Fernández Otero, catedrática de Fisioloxía, que actualmente é académica correspondente. En 2014, con motivo da chegada á presidencia do actual mandatario, Miguel Ángel Ríos, entraron como académicas numerarias a catedrática de Farmacia da USC María José Alonso e a catedrática de Microbioloxía e Parasitoloxía Alicia Estévez. Un ano despois, en xuño de 2015, a científica do CSIC Aida Fernández Ríos entrou na institución, aínda que faleceu só seis meses despois, en decembro dese mesmo ano, nun atropelo en Moaña.

Pilar Bermejo naceu en Santiago en 1956 e é profesora da USC desde 1978. Foi candidata á reitoría en 2010 e é decana da Facultade de Química desde 2014. Despois de estudar en Santiago, completou a súa formación na universidade de Plymouth. É a investigadora principal do grupo Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación”. Foi coordinadora do programa piloto ECTS de Erasmus na área de Química, e coordina a rede ECTN (European Chemistry Thematic Network) e o programa TASSEP (Transatlantic Science Student Exchange Programme).

Con motivo do seu ingreso, Pilar Bermejo pronunciará un discurso que levará por título “Importancia dos metais nas Ciencias da Vida: Especiación de Elementos Traza e Metalómica”, e que será respondido polo profesor Manuel Freire Rama. O acto comezará ás 19 horas do 9 de maio no Pazo de San Roque de Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.