Venres 29 Marzo 2024

Oito estudantes da USC, entre os 50 mellores do exame do FIR

Cun total de sete tituladas e un titulado, a de Santiago é a segunda Facultade de Farmacia de España con maior número de graduadas/os entre os 50 primeiros das probas correspondentes á convocatoria 2016-2017 de Farmacéutico/a Interno Residente (FIR). En total e tomando como referencia as cen mellores notas desta convocatoria, doce corresponden a graduadas/os formados las aulas de Farmacia de Santiago, nove mulleres e tres homes.

Concretamente, da facultade compostelá sitúanse entre os dez primeiros Ana Castro Balado (2ª mellor nota de toda a convocatoria) e Carla Fernández Oliveira (5ª), unha relación que completarían ata o posto 50 María Larrosa García (16ª), Alejandro Seoane Estévez (20ª), Patricia Ángela González Donapetry (22ª), Nerea García Beloso (26ª), Sonia García García (32ª), e Ana Rut Iglesias Valín (49ª). Completan esta lista Javier Rodríguez Carracedo (56ª), Isabel Plo Seco (58ª), Silvia Boullosa Lale (62ª) e Javier Fra Yáñez (99ª).

Publicidade

Como explica a decana Isabel Sández Macho, unicamente dúas universidades teñen máis dun estudante entre os dez primeiros, a Complutense con tres e a USC con dúas graduadas. “Non obstante, considerando o número de estudantes entre os 5, 10 ou 50 primeiros postos en relación co número de matriculados/as (1.180 en Santiago) ou de egresadas/os (169) do curso 15/16, a da USC ocuparía o primeiro posto a nivel nacional entre as 22 facultades de Farmacia de España”, engade a modo de análise a decana compostelá.

 

2 COMENTÁRIOS

  1. Dende logo, se a USC é a millor, cómo estarán as outras. Qué país de mediocres…y vamos y nos lo creemos!

  2. Non vexo a relación coa calidade da ensinanza da facultade de Farmacia da USC (que espero que mellorase dende fai algúns anos).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos