Sábado 20 Abril 2024

O psicólogo lucense Manuel Carreiras gaña o 20º Premio Euskadi de Investigación

O Premio Euskadi de Investigación 2015 recaeu no doutor en Psicoloxía e director científico do Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL), Manuel Carreiras Valiña, especialista en neurociencia cognitiva e procesamento da linguaxe.

O Goberno Vasco convoca anualmente o Premio Euskadi de Investigación. Este ten por obxecto fomentar a actividade científica, e estimular, promocionar e valorar os esforzos de investigadores e equipos cualificados da Comunidade Autónoma do País Vasco ou de fóra deste territorio, cuxo traballo exercese unha influencia positiva destacada en Euskadi.

Publicidade

O galardoado é unha das figuras internacionais máis relevantes no campo da neurociencia cognitiva

O tribunal da vixésima edición do premio, composto por cinco membros de prestixio no campo das Ciencias Sociais e Humanidades, deliberou entre as 15 candidaturas presentadas e considerou concederlle o premio ó científico galego.

Manuel Carreiras Valiña (Lugo, 1959), é licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e tamén doutor en Psicoloxía pola Universidade da Laguna. Na actualidade é Ikerbasque Research Professor e director científico do BERC (Centro de Investigación Básica e de Excelencia de Euskadi), do BCBL (Basque Center on Cognition, Brain and Language), e unha das figuras internacionais máis relevantes no campo da neurociencia cognitiva, e en particular no procesamento da lectura, a linguaxe e o bilingüismo.

Segundo valorou onte o tribunal deste galardón, “grazas ao seu labor, o BCBL situouse entre os mellores centros de Europa e do mundo no seu ámbito, recibindo recentemente a acreditación Severo Ochoa”.

Carreiras está comprometido coa creación dunha escola científica para mozos investigadores

A visión de Manuel Carreiras do centro de excelencia BCBL fundaméntase na atracción de investigadores de excelencia de todo o mundo, dotándoo dun equipamento de investigación punteiro, e aproveitando a combinación de linguas en Euskadi (éuscaro -castelán) para estudar como funciona a linguaxe dentro do noso cerebro.

Ademais de promover a proxección internacional da investigación de vangarda en Euskadi, Carreiras está comprometido coa creación dunha escola científica de excelencia no seu ámbito, capaz de inspirar e formar a mozos investigadores.

Destaca igualmente, segundo as conclusións do xurado, o seu intenso labor de difusión da actividade investigadora a través da organización de numerosos congresos científicos e co desenvolvemento de ferramentas lúdicas, e ao mesmo tempo para a investigación, sobre o vocabulario en éuscaro e en castelán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ser bilingüe supón realmente unha vantaxe cognitiva?

O psicólogo galego Manuel Carreiras Valiña, Premio Nacional de Investigación, analiza neste artigo as evidencias que ofrece a neurociencia ao respecto

O científico galego Manuel Carreiras recibe o Premio Nacional de Investigación

Os reis de España e o ministro de Ciencia presidiron a entrega dos galardóns que recoñeceron a científicos de diversas áreas

Manuel Carreiras: “Traballamos para detectar a dislexia antes da súa aparición”

O psicólogo galego acaba de ser recoñecido co Premio Nacional ‘Pascual Madoz’ de Investigación en Dereito, Ciencias Económicas e Sociais

O galego Manuel Carreiras gaña o Premio Nacional de Investigación

O xurado valora o 'extraordinario valor' do traballo científico realizado por este psicólogo, que actualmente traballa no Ikerbasque