Xoves 28 Marzo 2024

O Goberno concede á Xunta o Premio Nacional de Innovación

O Ministerio de Economía premia á Xunta de Galicia. E faino a través dos Premios Nacionais de Innovación, fallados pola Secretaría de Estado de I+D+i. O seu obxectivo é fomentar a cultura da innovación en España, tanto no ámbito empresarial como no conxunto da sociedade en xeral. E a Consellería de Industria recibe este ano un dos tres galardóns. Nesta edición, son premiados o empresario Carlos Mouro González (traxectoria innovadora), a Axencia Galega de Innovación (compra pública innovadora) e a empresa Cosentino (internacionalización).

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é o organismo autonómico de Galicia que lidera as políticas de innovación e desenvolvemento para o incremento da competitividade. Ademais fomenta a I+D a través de programas específicos e da Compra Pública Innovadora na Comunidade.

Publicidade

O xurado considera que soubo “integrar a capacidade de estímulo do tecido produtivo mediante a contratación pública coa  oportunidade que ofrecían a existencia dunha infraestrutura pública en Galicia, as condicións favorables para o desenvolvemento das actividades aeroespaciais experimentais e o carácter estratéxico do desenvolvemento de sistemas  aéreos non tripulados”. Así mesmo resaltaron “o alto contido pedagóxico para outras administracións públicas no impulso da utilización dun procedemento xurídico creativo e novo que se prefigura como unha magnífica ferramenta para o estímulo da innovación en España”.

A GAIN está sen director tras a dimisión de Manuel Varela Rey

Curiosamente, o director da GAIN ata hai uns días, Manuel Varela Rey, non recibirá o galardón. Porque vén de dimitir “a petición propia por razóns persoais e familiares”, segundo dixo en rolda de prensa o presidente Feijoo ao remate do último Consello da Xunta. Manuel Varela Rey dirixía a Axencia Galega de Innovación dende o ano 2013 e pasará previsiblemente á empresa privada, con diferentes opcións que espertan certa expectación ante a súa sorpresiva marcha da GAIN.

Na concesión do premios ás outras modalidades galardoadas, o xurado destacou a traxectoria comprometida coa innovación no sector vinícola e o respecto ó medio ambiente do empresario Carlos Mouro. E, no caso da empresa Consentino, valorou a habilidade de transformación do sector da explotación de canteiras mediante procesos innovadores e unha forte dose de deseño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Sergas aposta por un plan de innovación para mudar o paradigma da atención sanitaria

O proxecto aplica a medicina 5P baseada no desenvolvemento de novas terapias e medicamentos para unha atención personalizada

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

Un proxecto galego desenvolve un sistema de detección de covid rápido e barato

O obxectivo é crear un dispositivo eficaz compatible con métodos de diagnóstico e flexible para aumentar a capacidade de resposta

TripleAlpha, o “big data” que se pode comer

A empresa de Padrón aplica a analítica de datos para mellorar a rendibilidade de sectores estratéxicos como o da alimentación