Mércores 24 Abril 2024

O MUNCYT da Coruña amosa o lado escuro da luz

É un plan alternativo para este verán. O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na Coruña é nha boa opción para os días cubertos. A sede coruñesa do MUNCYT vén de inaugurar a exposición “O lado escuro da luz“. A mostra, que chega ao Museo coincidindo con “O Ano internacional da luz”, que se celebra no 2015, explica o problema da contaminación lumínica, as súas causas físicas e as súas consecuencias na biodiversidade, o gasto enerxético, a saúde humana e o coñecemento científico e cultural. Ademais, achega posibles solucións e fomenta a participación cidadá. Tamén procura concienciar ós visitantes sobre a necesidade de devolver ao noso ceo nocturno a nitidez e o brillo perdidos.

A mostra conta con paneis interactivos e pezas únicas do MUNCYT.
A mostra conta con paneis interactivos e pezas únicas do MUNCYT.

Na mostra exponse instrumental de investigación óptica e astronómica de gran valor histórico pertencente aos fondos do MUNCYT: Ollo artificial (1785-1810), Prisma triangular con pé (1860-1875), Aparato de Silbermann (1860-1880), Globo celeste (1621-1631), Sistema óptico de tres lentes (1910-1940) e Espectroscopio de visión directa (1875-1900).
A visita de “O lado escuro da luz: contaminación lumínica”, convida a un ameno percorrido organizado en catro ámbitos temáticos. Estes permítennos coñecer os principios básicos da luz e a visión. O visitante deberá deixarse guiar a través da escuridade para poder distinguir os sinais luminosos do coñecemento.
A exposición inclúe contidos teóricos e experimentos prácticos, paneis de gran formato, maquetas interactivas e un ambiente inmersivo onde vivir de primeira man os efectos da luz nocturna sobre o corpo humano.
Realizouse ademais unha guía como recurso didáctico destinado a profesores e alumnos, ideado para que poidan afondar na aula sobre os contidos da contaminación lumínica. As actividades que contén esta guía para alumnos de Primaria, Secundaria e Bacharelato, pretenden afianzar algúns dos conceptos presentes nas unidades didácticas escolares.
Ademais, do 8 de xullo ata o 27 de setembro, o MUNCYT da Coruña ten aberta outra exposición temática: “Mare plasticum – Peixes de plástico“, unha mostra sobre a contaminación do mar por materiais de plástico e as súas consecuencias ambientais: enredo, inxestión, mortaldade de especies, toxicidade, etc. O seu obxectivo é dar a coñecer o devandito problema e sensibilizar ao público.
A exposición consta dunha serie de obras artísticas realizadas con lixo de plástico recollido nas praias de Galicia polos autores Wolfgang Trettnak e Margarita Cimadevila. Acompáñanse de información sobre os perigos relacionados con estes refugallos mariños. Comics, móbiles, posters e videos completan a mostra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Aquarium Finisterrae reforma o sanatorio de focas: “Combinaremos todas as necesidades ambientais”

Coincidindo co seu 25 aniversario, o museo coruñés aproveita para remodelar a área de curación destes animais mariños

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844