Xoves 25 Abril 2024

Un galego investiga coa NASA a reciclaxe da urina dos astronautas

O galego José Solla (Lugo, 1974) leva anos estudando como as formas das nanopartículas metálicas cambian os resultados de reaccións electroquímicas, pero poucos dos seus experimentos serán tan asombrosos como o que vai poder realizar nunhas semanas no Johnson Space Center da NASA en Houston.

Instalacións do Johnson Space Center da Nasa en Houston
Instalacións do Johnson Space Center da NASA en Houston

O organismo americano quere obter auga e enerxía en voos e estacións espaciais a partir de residuos líquidos humanos, fundamentalmente urina, e para logralo conta co grupo de investigación do Instituto Universitario de Electroquímica da Universidad de Alicante, do que Solla forma parte. Xunto a outros dous científicos, Francisco José Vidal e Roberto Martínez, acaba de ser invitado pola Nasa a realizar as probas dun catalizador en condicións de microgravidade entre o 12 e o 22 de novembro.
“Todo isto xorde dunha colaboración que temos co profesor Carlos Cabrera, actualmente director do centro de nanomateriais avanzados creado pola Nasa e a Universidad de Puerto Rico”, explica Solla, que xa en 2004, xunto ao seu equipo, ofreceu nunha serie de artigos evidencias de que non todas as nanopartículas eran iguais de válidas no tratamento de residuos. “Nós estudamos o proceso de oxidación do amoníaco, tanto para recuperación de augas como para xeración de enerxía, e demostramos que usando unha nanopartícula con forma de cubo esta melloraba de xeito significativo. Estes traballos espertaron un grande interese na comunidade científica e o profesor Cabrera contactou con nós para iniciar algún estudos neste tema”, explica Solla, licenciado en 1997 en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago e recoñecido en diversas ocasións pola súa labor investigadora (recibiu o premio Sigma-Aldrich en 2013 a mozos investigadores da Real Sociedad Española de Química).

A Universidad de Puerto Rico contactou co grupo grazas ás súas pescudas sobre oxidación do amoníaco

As pescudas deste grupo da Universidad de Alicante acabaron desembocando no deseño dun catalizador que, de progresar por bo camiño a investigación, podería implantarse en voos e estacións espaciais para aproveitar a urina dos astronautas e obter dela auga e electricidade, co conseguinte aforro de recursos para a tripulación. E é nese momento cando a Nasa lle abre as portas aos estudos do equipo de Solla. “Temos que subir nun avión preparado  para este tipo de probas e realizar o que se chaman voos parabólicos. Neles os tripulantes teñen unha ingravidez duns 15-20 segundos. Poderemos ver como afecta a ingravidez ao comportamento dos nosos catalizadores para a oxidación de amoníaco”, relata o físico lucense, expectante ante a “oportunidade única” e o “gran logro” desta chamada. Cada voo dura unhas dúas horas e científico agarda levalos a termo durante tres ou catro días, segundo o permita a situación atmosférica.
Aínda que o obxectivo da investigación é a recuperación de urina, o mesmo proceso proposto polo Instituto Universitario de Electroquímica podería ser válido con augas residuais ou industriais que conteñan moito amoníaco. “Ademais do prestixio profesional  que isto implica, fomos persoalmente invitados a participar nos experimentos in situ, o que pon de novo de relevancia o noso traballo. Pensamos que será unha experiencia única e moi enriquecedora.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un material libera nanopartículas para destruír células canceríxenas

Unha nova investigación da Universidade Autónoma de Barcelona desenvolveu gránulos que imitan o sistema endócrino humano

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150