Xoves 28 Marzo 2024

O Cesga incrementa nun 70% a súa capacidade de computación

O Cesga incrementará nun 70% a súa capacidade de computación. O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, anunciou este mércores, durante unha visita ao Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) na que estivo acompañado polo vicepresidente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), José Ramón Urquijo Goitia, que o Goberno galego mellorará os computadores do centro, co obxectivo de “dar resposta ás necesidades do tecido produtivo e investigador de Galicia”. Para isto, sinalou, a Axencia Galega de Innovación subscribirá un novo convenio co CESGA por valor de 300.000 euros que permitirá o citado incremento do superordenador virtual galego.

“Unha mellora do servizo que o Cesga pode trasladar ás universidades, aos centros de coñecemento e ao o tecido produtivo, que está a ter un importante incremento de usuarios”, subliñou Conde. Neste sentido, nos últimos dous anos multiplicouse por catro o número de pequenas e medianas empresas que traballan co centro beneficiándose das súas potencialidades para incrementar a competitividade.

Publicidade

Javier García Tobío,
Javier García Tobío, director do CESGA.

“O CESGA é imprescindible para a innovación galega”, apuntou o conselleiro, que salientou o “compromiso” da Xunta e o Goberno. Neste sentido, avanzou, o esforzo conxunto dos últimos anos permitirá ao centro participar na organización e constitución dunha nova Rede de Supercomputación de España, que integrará aos principais centros de supercomputación do país.

Así mesmo, como membro desta rede, explicou o titular de Economía e Industria, o CESGA manterá o seu recoñecemento como Instalación Científico Tecnolóxica Singular de España (ICTS), unha “vantaxe clave” que lle proporcionará acceso a axudas específicas do Ministerio de Economía e Competitividade.

Deste xeito, o Cesga seguirá ocupando a posición de liderado que Galicia necesita, subliñou Conde, quen lembrou que a este traballo conxunto se lle suma o constante esforzo da Xunta para manter a capacidade computacional do centro. Neste sentido, nos últimos cinco anos o Goberno galego destinou máis de 10 millóns de euros á mellora competitiva do centro co obxectivo de seguir impulsando o tecido produtivo galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é e como funciona o novo computador cuántico de Galicia?

A máquina máis grande e potente de España e do sur de Europa inaugurouse esta mañá no Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA e Fujitsu crean un centro en Galicia para desenvolver e impulsar a tecnoloxía cuántica

O obxectivo é promover a investigación neste campo e atraer investimento para abordar os retos que afronta a sociedade actual

O primeiro computador cuántico de Galicia: estas son as chaves para entendelo

A recente adquisición do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) pode ter aplicacións en ámbitos como a saúde e a intelixencia artificial

Galicia inaugura ‘Finisterrae III’, un novo supercomputador para predicir o tempo e analizar o xenoma

O equipo incorpora un simulador de computación cuántica de 30qbits que é o primeiro da súa clase en España