Xoves 25 Abril 2024

O enxeñeiro químico Juan Lema ingresa na Academia Galega de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Juan Manuel Lema Rodicio, catedrático no Departamento de Enxeñería Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se integra na Sección de Ciencias Técnicas. A súa continúa a rolda de incorporacións á institución neste ano, no que en total se integrarán catro novos académicos de diversas áreas de coñecemento.

_USR5690

O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titulouse “Do Antroprocentrismo ao Ecocentrismo ou da Enxeñería sanitaria á Enxeñería ambiental”. Logo de pronuncialo, recibiu a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma foille entregado polo reitor da USC, Juan Viaño. Asistiron, entre outros, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros; ou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

Publicidade

Juan Manuel Lema Rodicio licenciouse en Ciencias Químicas en 1971 na USC, onde tamén obtivo o seu grao de doutor en Ciencias en 1975. Logo dunha primeira etapa como docente na Universidade Autónoma de Barcelona, conseguiu a cátedra de Enxeñería Química na USC, na que desde entón exerce como profesor e investigador. Nesta última faceta, é o promotor e coordinador do grupo Enxeñería Ambiental e Bioprocesos.

No ámbito científico, foi pioneiro e é referencia mundial na área da biotecnoloxía ambiental, principalmente na degradación anaerobia de contaminantes. O seu traballo aválano as 50 teses doutorais dirixidas, os numerosos proxectos de investigación nos que participa e lidera (unha ducia deles en cooperación con Italia, Portugal, Alemania, Israel, Chile e India), 11 patentes españolas e dúas europeas e máis de 300 artigos publicados en revistas de alto impacto científico.

Lema dirixiu 50 teses doutorais e publicou 300 artigos en revistas de alto impacto

Lema exerce como coordinador de varias redes de investigación: a Acción Water 2020, na que participan 165 investigadores de 32 países; a Red Novedar, formada por 10 grupos de investigación españois; e a Rede Galega para Tratamento de Augas, con 11 grupos das tres universidades galegas. En 2015, foi nomeado doutor honoris causa pola Pontificia Universidad Católica de Valparaíso (Chile).

Na actualidade, os seus temas principais de investigación son o modelado e o control de dixestión anaerobia de augas residuais e residuos; a eliminación de microcontaminantes en augas residuais en plantas de tratamento; o tratamento terciario de microcontaminantes mediante reactores enzimáticos e a produción de bioplásticos a partir de residuos lignocelulósicos.

Na área de xestión académica desempeñou un papel destacado na concepción e concreción da carreira de Enxeñaría Química en España e foi promotor e primeiro presidente da Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñería Química. Profesor do Departamento de Enxeñería Química, que tamén dirixiu, exerceu os cargos de director do Centro de Transferencia Tecnolóxica e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia Galega de Ciencias celebra o ingreso de tres novos académicos correspondentes

Francisco Marcellán, Jorge Martínez e Juan Ramón Sanmartín manifestaron o seu compromiso coa evolución da ciencia en Galicia

A Academia de Ciencias premia a investigación de “alto nivel” producida en Galicia

Os galardóns foron para Diego Peña e Marcos Fernández, máis dúas mencións honoríficas a Luis Carral e Sergio Vila

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

A Academia de Ciencias premia un estudo galego que foi portada da prestixiosa revista ‘Science’

O outro proxecto galardoado, tamén da USC, é un sistema de recuperación de información capaz de proporcionar resultados correctos e cribles