Martes 16 Abril 2024

O cabalo salvaxe galego axuda a conservar ó lobo

É un tesouro dos montes de Galicia. O cabalo salvaxe contribúe a evitar incendios, protexe a vexetación autóctona e serve para manter a presenza do lobo, en convivencia coa gandería tradicional galega. Convertido nunha imaxe do país, a través de “rapa das bestas”, este equino vive baixo ameaza. Entre outras razóns, pola perda de interese económico pola súa cría, e novas políticas europeas, entre as que se inclúe a obriga de marcalos cun microchip. Agora, un estudio do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), demostra a importancia do cabalo de monte en Galicia. Calcúlase que en Galicia hai máis de 20.000 cabalos salvaxes.

O traballo do CSIC destaca que o cabalo galego de monte contribúe á conservación das breixeiras. Ademais esta raza autóctona reduce o risco de incendios forestais e permite a presenza de lobos onde as presas silvestres son escasas.

Publicidade

“Os cabalos mantivéronse grazas a que apenas demandan investimento de recursos por parte dos seus propietarios, ao interese de preservar a xenética desta raza autóctona e a tradicións culturais asociadas ao manexo destes animais, que levan un estilo de vida máis próximo ao dunha especie silvestre que ao dunha doméstica”, indica o investigador do CSIC Alejandro Rodríguez, que traballa na Estación Biolóxica de Doñana.

Segundo o traballo, publicado na revista Conservation Letters, os cabalos de monte facilitan a conservación do lobo, xa que supoñen o seu principal alimento onde están presentes, o que ademais reduce o nivel de dano a outro tipo de gando.

“O servizo máis importante que prestan os cabalos de monte é de índole socioeconómica. Os cabalos actúan minguando as perdas dos gandeiros e parecen ser un factor esencial que permite a coexistencia do lobo cunha intensa actividade agropecuaria”, sinala Rodríguez.

Cría tradicional ameazada

O estudo asegura que a continuidade da cría tradicional desta especie é “incerta” debido á súa escasa rendibilidade económica, a recentes regulacións europeas que impoñen custos adicionais á gandaría equina e á desaparición das necesidades que deron lugar á selección e mantemento desta raza milenaria. Os investigadores consideran tamén que a convivencia entre lobos e humanos en Galicia podería verse “ameazada” polo declive do cabalo galego de monte.

“As recentes disposicións que aliviaron a carencia de gando morto sobre a conservación de aves e mamíferos preeiros poderían non aplicarse ao lobo en Galicia. A redución da cantidade de cabalos presentes nos montes galegos pode conducir, non só á perda dos importantes servizos que os cabalos prestan, senón tamén a espertar un conflito ambiental agora adormecido en torno á depredación de gando polo lobo”, agrega o investigador do CSIC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña