Xoves 28 Marzo 2024

Santiago desenvolve novos métodos para localizar danos en aeroxeradores

O auxe da enerxía eólica e a conseguinte proliferación de aeroxeradores na paisaxe galega fai que a ciencia se preocupe cada vez máis pola súa mellora e optimización. Así, a matemática da USC Ana Gómez González desenvolveu e validou na súa tese de doutoramento varios métodos para detectar, identificar e localizar danos en diferentes estruturas eólicas, como torres e palas de laboratorio.

Nos métodos de detección tradicionais empregados ata agora, un cambio nas condicións medioambientais (temperatura, humidade) pode levar a unha falsa alarma, é dicir, á detección dun dano inexistente nos aeroxeradores, cos custos que isto supón. As novas metodoloxías desenvolvidas agora pola doutora da USC son mesmo capaces de detectar o dano “ante os cambios de temperatura ou a presenza de auga pulverizada”, explica.

Publicidade

Ruídos e vibracións
Baseada no mesmo tipo de técnicas que as anteriores, Ana Gómez traballou ademais nunha metodoloxía para identificar as fontes predominantes de ruído e vibración con sinais non estacionarias. En particular, estas técnicas aplicáronse a medidas realizadas nun entorno de laboratorio cunha fonte en movemento e tamén nun ascensor real (micrófonos e acelerómetros colocados no motor, poleas, sistemas de guiado,…). Con isto conseguiuse identificar o motor como a principal causa do ruído percibido na cabina dun ascensor e as poleas como a principal causa da vibración desta.

A tese, desenvolvida dentro do programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas, demostra como as matemáticas poden contribuír na resolución de problemas industriais, neste caso centrados nos ámbitos da enerxía eólica e da elevación.

O traballo ‘Time series methods for SHM applications and multiple coherence computations: assessment in real and laboratory conditions’ dirixiuno Jerónimo Rodríguez e desenvolveuse nunha colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, o centro de investigación IK4-IKERLAN e a Universidade de Patras (Grecia).

O tribunal que lle concedeu a cualificación de sobresaliente estivo constituído polo catedrático da Universidade Politécnica de Cataluña José Rodellar; o enxeñeiro investigador do Grupo de Innovación de Bruel And Kjaer Sound and Vibration Measurement, Dmitri Tcherniak; e a profesora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC, Rosa Crujeiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos