Ángel Carracedo.

Ángel Carracedo.

Nove proxectos chegan á fase final do Premio ‘La Caixa’ de xornalismo científico

Universitarios galegos farán reportaxes con temas tan variados como arqueoloxía, domótica ou Alzhéimer

Un total de nove traballos foron elixidos para participar na fase final do premio universitario Contar a Ciencia, de Comunicación Científica, organizado por La Caixa e GCiencia, coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades. Nas vindeiras semanas os estudantes seleccionados deberán executar os seus proxectos que serán publicados en GCiencia e optarán a gañar un dos premios de Contar a Ciencia.

Tras unha destacada participación con propostas de reportaxes moi interesantes, o xurado decidiu desta volta elixir nove traballos xornalísticos que analizan diversos proxectos científicos que se están a executar no ámbito universitario galego. No ano 2015 os gañadores do certamen foron os estudantes da USC David Fontán e André Vicente por un traballo sobre as algas. Nesta edición o premio incrementou a súa cuantía económica, de xeito que a proposta gañadora recibirá 700 euros en metálico e un dispositivo electrónico da marca Primux, mentras que o finalista recibirá outro dispositivo electrónico. Todos os participantes nestas fase final recibirán un diploma acreditativo.

cartel contar a ciencia III

A calidade das propostas de reportaxes e de contidos presentadas xustifica a designación de nove finalistas, que abordarán un amplo abano de disciplinas científicas, con temas da máis vixente actualidade. Investigacións que se desenvolven en Galicia sobre o tratamento do Alzhéimer, o cambio climático, a conservación do patrimonio arqueolóxico ou a tecnoloxía empregada no espazo exterior atópanse entre as elixidas por estudantes das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago.

Nesta fase final os participantes seleccionados poderán entregar os seus traballos ata o vindeiro 30 de mayo como data límite. GCiencia publicará logo estas reportaxes e un xurado elixirá ao gañador e ao finalista do premio. O xurado estará formado por representantes de La Caixa, das tres universidades, da Real Academia Galega das Ciencias, do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia, do Consello Superior de Investigacións Científicas e de GCiencia.

Real Academia de Ciencias, Colexio de Xornalistas, universidades e CSIC participan no xurado

Os nove proxectos participantes analizan cuestións tan diversas coma a conservación do patrimonio arqueolóxico e a investigación do espazo exterior. A investigación que desenvolve a USC para mellorar o tratamento e a diagnose do Alzhéimer sera o contido da reportaxe que realiza Sara Pérez (USC). Pola súa banda, Cora Diz (Uvigo) céntrase na investigación que se desenvolve na Uvigo sobre a selección sexual e o apareamiento asociativo. Jonatan Toucedo (Uvigo) analizará na súa reportaxe unha investigación que se desenvolve no campus de Pontevedra sobre o aproveitamento enerxético dos residuos naturais. Reconstruir a historia ambiental de Galicia e o obxectivo da reportaxe que realizará Daniel Viña (USC), mentras que Silvia Troncoso (Uvigo) centrará o seu traballo nas investigacións arqueolóxicas que se realizan na vila ourensá de Santa Mariña de Augas Santas. A conservación do patrimonio arqueolóxico nun illote da ría de Arousa é o tema elixido por Angel Vizoso (USC). As posibilidades da domótica para axudar ás persoas dependentes será o obxectivo da reportaxe audiovisual desenvolvido por Ariadna Cordas (Uvigo). Finalmente, Alba Martín (Uvigo) analizará as posibilidades científicas e educativas do proxecto de creación dunha horta comunitaria en Ourense e María Ruiz-Falco (Uvigo) céntrase na investigación dun grupo da Universidade de Vigo, para desenvolver un nanosatélite que participará nun proxecto da Axencia Espacial Europea.

Unha resposta a “Nove proxectos chegan á fase final do Premio ‘La Caixa’ de xornalismo científico”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.