Xoves 28 Marzo 2024

Sae en galego o compendio de astronomía de Ramón María Aller

Coincidindo co 50 aniversario do pasamento do seu autor Ramón María Aller, a USC e Secretaria Xeral de Política Lingüística co editan o libro ‘Astronomía a ollo ceibe’, tradución ao galego de Astronomía a simple vista, obra publicada en 1948.

1333194504_extras_ladillos_4_0

Ramón María Aller, astrónomo e matemático, é o iniciador da investigación astronómica en Galicia dende o seu Observatorio particular en Lalín e logo como profesor de Matemáticas e catedrático de Astronomía na USC onde fundou e dirixiu o Observatorio Astronómico universitario, que dende 1983 leva o seu nome. Especialista en debuxo, reloxería, deseño de instrumentación científica, o padre Aller é lembrado non só polas súas múltiples achegas e facetas científicas, senón tamén pola súa humildade e entrañable personalidade.

Publicidade

En palabras de José Ángel Docobo, actual director do Observatorio da USC, “a produción científica de Aller, tendo en conta os medios, a época e os lugares onde a desenvolveu, foi excepcional: 78 artigos en revistas especializadas… 4 libros, 5 teses de doutoramento dirixidas e 4 estrelas dobres descubertas. Ademais, foi autor de numerosos deseños de instrumentos científicos e unha infinidade de observacións, cálculos, notas e catálogos estelares que ficaron inéditos. Por todo iso está considerado como un dos astrónomos españois máis salientables do século XX”.

Un cráter da Lúa leva o nome de Ramón María Aller

Aller inventou aparellos de medición e observación, algúns deles foron adoptados polo observatorio de París. Era un políglota que dominaba dez idiomas. Ten, ademais, o privilexio de que o seu nome está na cartografía da Lúa. O inglés Wilkins puxo o nome de Aller a un cráter do satélite da Terra.

O novo volume foi presentado no Observatorio Astronómico da USC (Campus Vida), polo reitor Juan Viaño e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.

Ademais da presentación deste volume, as homenaxes a Ramón María Aller, no medio século do seu pasamento, inclúen en Lalín a celebración dunha ofrenda floral e a inauguración dunha exposición no Museo Municipal con fotos, traballos e instrumentos do científico dezano, a que acompañarán dúas charlas de José Ángel Docobo e Cecilia Doporto.

2 COMENTÁRIOS

  1. Cando se fala do Museo de Lalín, é Municipal, non Provincial. Pero gustosamente seríamos capital de provincia… xa que somos Km 0

  2. O libro de Aller é estupendo, unha delicia.
    Por outro lado, aue eu saiba, a proposta de Wilkins de poñerlle o nome de Aller a un cráter na Lúa non chegou a seu aprobada oficialmente, ou polo menos estivo un tempo pero actualmente o cráter chámase Atwood.
    http://cienciaengalego.org/craters.htm

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente