Sábado 20 Abril 2024

Novas nanopartículas restauran o románico galego

Partículas microscópicas de sílice para restaurar os grandes monumentos do románico. Isto conseguíu un equipo de científicos das universidades de Vigo e Cádiz. As probas na igrexa de Santa María do Campo, na Coruña, permitiron cohesionar os grans de granito deteriorado sen producir novas grietas. Algo que, ata o de agora, non era posible. O novo material permitirá recuperar os edificios históricos deteriorados polo paso do tempo ou a contaminación ambiental.

Mosquera, xunto co equipo da Universidade de Cádiz.
Mosquera, xunto co equipo da Universidade de Cádiz.

A novidade desta fórmula consiste na utilización de nanopartículas de sílice, un composto que, debido ao tamaño nanométrico dos grans que o integran, penetra en profundidade nas estruturas. Os expertos comprobaron xa estas vantaxes tanto no laboratorio como en restauracións arquitectónicas e arqueológicas.
Para desenvolver o novo material, os investigadores baseáronse na nanotecnoloxía. Esta permite o deseño de materiais que, reducidos a escala microscópica, case molecular, mostran propiedades moi diferentes ás que habitualmente exhiben no seu formato normal.
Ata o de agora, estes produtos, empregados en líquido producían novas grietas ao solidificarse. Para evitar a formación desas fracturas, os expertos engadiron aos monómetros de silicio un axente químico destinado a reducir diferenzas de tensións. Deste xeito, conséguese que o consolidante, ao converterse en sólido, non fracture o interior da roca. Dese xeito conseguiron que o material consolide en granito, utilizado na maioría de edificios que forman parte do patrimonio cultural en Galicia. Tamén funciona en caliza.
A mellora dos capiteis de Santa María do Campo obsérvase co novo material.
A mellora dos capiteis de Santa María do Campo obsérvase co novo material.

As probas realizadas para comprobar a efectividad deste novo nanomaterial consolidante recóllense nun estudo publicado na revista Construction and Building Materials, que presenta a restauración real da igrexa románica Santa María do Campo, na Coruña.
Para iso, os investigadores realizaron ensaios con pedra extraída da propia canteira coa que se construíu o edificio. Sobre ela aplicaron o consolidante líquido con axuda dun rodillo, brocha ou espray, a mesma metodoloxía que posteriormente utilízase no edificio.
“As nanopartículas, ao solidificar no interior dos poros da pedra, vanse unindo unhas a outras e forman un polímero, é dicir, unha especie de estrutura que consolida o gran”, aclara María Jesús Mosquera, unha das autoras do estudo, quen indica que é necesario que transcorran uns 15 días desde a aplicación para que o produto teña efecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España