Venres 29 Marzo 2024

“Xeráronse moitos mitos arredor da burundanga; é excesivo falar de alarma”

A conversa con Manuel López-Rivadulla, catedrático de Toxicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, podemos resumila cunha soa palabra: prudencia. A pesar da aparición de varios casos de intoxicación por escopolamina en España, o profesor Rivadulla,que leva anos investigando os casos de abuso relacionados co uso de drogas, insiste continuamente que a precaución é clave á hora de afrontar este problema. “O uso desta substancia está sobredimensionado”, sinala o catedrático, que advirte da necesidade de informar con moita cautela para non expoñer ás posibles vítimas a situacións de perigo.

-Que é a escopolamina?

Publicidade

-É un alcaloide que se atopa en moitas plantas e ten unha aplicación terapéutica moi interesante. Emprégase para tratar a dor, os cálculos, os espasmos, os mareos e como anestésico. Destas aplicacións derívase a súa utilización recreativa, moito máis controvertida. Tamén se lle chama burundanga porque é o nome que se lle deu en Sudamérica, onde se vén empregando desde hai anos coa intención de conseguir a submisión quimica. De todas formas, a súa utilización está sobredimensionada. Hai moitos menos casos dos que parece, pero esaxéranse pola alarma que se creou.

-Hai motivos para a alarma?

-É excesivo falar de alarma. O perigo está, probablemente, na excesiva propaganda que se fixo desta substancia. Está presente en multitude de medicamentos para os que se precisa receita, pero xerouse unha especie de mito exótico ao seu redor que nos obriga a tocar o tema con moita precaución.

-Como é a submisión química?

-A persoa que se expón a unha cantidade importante queda paralizada, incapacitada e hipnotizada, non se pode resistir a calquera actuación que o agresor intente levar a cabo. En moitas ocasións, a vítima perde completamente a memoria do lapso de tempo despois do consumo.

‘A vítima queda paralizada, incapacitada e hipnotizada, e logo perde a memoria’

-E que precaucións se poden tomar?

-Hai que ter en conta que a utilización desta substancia para conseguir a submisión química se realiza nun contexto no que adoita haber consumo de alcol e outras drogas, que potencian os efectos da escopolamina. Precaucións? Pois non perder nunca de vista a nosa consumición, ter coidado coas bebidas e as comidas que nos ofrecen.

-Contan que hai vítimas que foron drogadas porque lle sopraron con burundanga diante da cara, ou que lle refregaron a pel con esta substancia.

-Non é posible. Son mitos que non sei que intención teñen, sen ningunha base científica.

-E que se pode facer en caso de intoxicación?

-É complicado, porque como xa dixemos, anula a vontade da vítima. En caso de que se sospeite ter sido vítima dalgún abuso, hai que realizar a denuncia o máis rápido posible, para que os corpos de seguridade e os médicos poidan facer todo o posible antes de que o rastro da substancia desapareza do organismo. Deste xeito, ponse en marcha o protocolo de detección, xa que se teñen que facer unhas probas específicas que requiren unha determinada tecnoloxía, e búscanse os posibles indicios do abuso ou da agresión.

 -Alerta da necesidade de ser coidadosos coa información…

-Hai que ser cautelosos coa información sobre burundanga porque se pode xerar un efecto chamada que dea pistas aos agresores. Hai que concienciar aos colectivos afectados, como asociacións de mulleres, por exemplo, pero sempre con moita cautela.

– Que riscos causa para a saúde?

-Os que pode causar calquera outro medicamento dese tipo. Reaccións lentas, visión borrosa, aumento da frecuencia cardíaca e, en doses moi altas, pode producir a morte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O fentanilo non é novo en Galicia: “O seu consumo vai ligado a outras drogas"

O CHUAC non observa unha repunta dos casos, aínda que se rexistran de maneira ocasional en persoas intoxicadas tamén por heroína e cocaína

Inmaculada Rodríguez: “Antes faciamos empresas de parafusos, agora de ciencia e tecnoloxía”

A directora xeral de Unirisco reclama dar o salto da investigación á empresa nas xornadas 'Investir en Ciencia si é rendible’, que organiza xunto a Noso Capital

Galicia lidera o debate sobre a rendibilidade da ciencia da man de Unirisco

Universidades europeas e centros de investigación analizarán en Santiago o impacto das tecnoloxías disruptivas e a importancia de crear ecosistemas emprendedores

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos