Feixóns da variedade "ñuña", unha das especies que se estudarán no proxecto "Nutripop". Foto: CSIC.

Feixóns da variedade "ñuña", unha das especies que se estudarán no proxecto "Nutripop". Foto: CSIC.

Flocos de millo saudables con selo galego

A Misión Biolóxica de Galicia participa nun proxecto para producir aperitivos a partir de leguminosas e cereais

Son frecuentes as dúbidas sobre a calidade nutritiva dos petiscos e aperitivos, como os flocos de millo, que moita xente consume a cotío. Un consorcio liderado pola empresa alimentaria Grefusa e no que participa, entre outras institucións, a Misión Biolóxica de Galicia (MBG), dependente do CSIC, pretende desenvolver e producir novos petiscos saudables a partir de leguminosas e cereais.

O proxecto Nutripop, financiado con máis dun millón de euros do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e Innovación, pretende unir a toda a cadea de produción, desde a propia empresa produtora ata a MBG, encargada da mellora da calidade da materia prima, pasando por unha empresa comercializadora de sementes e grupos de investigación sobre a análise xenética.

Con esta iniciativa afróntase o desafío de satisfacer as necesidades dos consumidores e, ao mesmo tempo, mellorar a calidade nutricional dos produtos. Tal e como explica Marta Santalla, investigadora da MBG, “a maioría dos fabricantes utilizan a tecnoloxía para crear produtos de aperitivo, e incorporan variacións que aumentan a súa imaxe saudable. Non en tanto, hai variedades de leguminosas e cereais con capacidade de expansión do gran, como sucede cos flocos de millo, pero cun maior nutritivo, e cuxo potencial como alimento está infrautilizado”.

Así, Nutripop afondará nas características de especies como os feixóns tipo “ñuña”, a quinoa, o maínzo, o bambara, o sorgo ou as amarantáceas, co fin de desenvolver novas variedades máis acaídas para a expansión do gran e con propiedades nutritivas máis favorables.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.