María Martinón Torres é doutora en Medicina e Cirurxía pola USC e especialista en Antropoloxía. Imaxe: CENIEH.

María Martinón Torres é doutora en Medicina e Cirurxía pola USC e especialista en Antropoloxía. Imaxe: CENIEH.

A galega María Martinón, directora do Centro Nacional sobre a Evolución Humana

Martinón, doutora en Medicina pola USC e paleoantropóloga, participa desde 1998 nas investigacións sobre o xacemento de Atapuerca

María Martinón Torres (Ourense, 1974) é a nova directora do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH). Martinón, doutora en Medicina e Cirurxía pola USC, máster en Antropoloxía Forense pola Complutense de Madrid e máster en Orixes Humanas pola universidade de Bristol, substitúe no cargo, tras un proceso de selección competitivo, ao xeólogo Alfredo Pérez González.

Nos últimos dous anos, foi profesora investigadora no departamento de Antropoloxía da University College London. Antes, entre 2007 e 2015, xa fora responsable do Grupo de Antropoloxía Dental do CENIEH. Liderou e participou en varios proxectos internacionais relacionados co estudo da dentición en homínidos en Georgia ou China.

A investigadora galega leva publicados máis de 60 capítulos de libros e artigos científicos en revistas como Nature, Science, PNAS o Journal of Human Evolution. Segundo destaca o CENIEH na súa nota de prensa, o traballo de Martinón foi destacado no “Top 1%” dos autores máis citados no eido das Ciencias Sociais na clasificación que elabora Reuters Thomson.

O CENIEH destaca que a nova directora confía “en seguir traballando en equipo para convertir a Burgos na capital europea da evolución humana”. Este centro, creado ao abeiro dos achados da serra de Atapuerca, é unha referencia internacional no estudo da evolución humana durante o Neoxeno superior e o Cuaternario, ademais de exercer un importante labor de divulgación cara a sociedade.

 

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.