Manuel Rey, no seu discurso de recepción do premio. Foto: Anxo Iglesias.

Manuel Rey, no seu discurso de recepción do premio. Foto: Anxo Iglesias.

Manuel Rey, de GCiencia, recolle o Premio Galicia de Xornalismo Científico

"Poñan aos científicos nas portadas e en horario de máxima audiencia', reclama o xornalista no seu discurso

A Real Academia Galega de Ciencias entregou hoxe o Premio Galicia de Xornalismo Científico ao xornalista de GCiencia Manuel Rey Pan, quen recibiu o galardón de mans de Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, convocante tamén do certame. Manuel Rey foi premiado pola súa reportaxe A ataxia  SCA36, o mal sen cura da Costa da Mortepublicado o 27 de abril de 2017 en GCiencia. O xurado destacou a calidade deste traballo xornalístico, que analiza as características desta doenza de orixe xenética propia da Costa da Morte.

Manuel Rey 6

No seu discurso, Manuel Rey falou dos camiños da ciencia e do xornalismo, e apostou por levar á sociedade as historias de investigadores como Baltasar Merino -protagonista do Día da Ciencia en Galicia 2017- así como “as do Padre Feijoo, a de Domingo Fontán, a de Xosé Rodríguez, a de Ramón María Aller, a de Ángeles Alvariño ou a de María Wonenburger”. O xornalista calificou aos científicos como ‘heroes do noso tempo’ que, segundo lembrou, “entregan o seu tempo e loitan sen tregua para mellorar a vida dos cidadáns”.

‘Os científicos son heroes modernos que loitan para mellorar a vida dos cidadáns’

“E aquí -manifestou Rey-, os medios de comunicación, sobre todo os públicos, que para iso están, deben dar un paso adiante. Poñan aos científicos nas portadas e en horario de máxima audiencia. Igual así, os nenos e as nenas de hoxe, de maiores, van querer ser coma eles. E unha vez que estes cativos medren, e o consigan, por favor, non lle compliquen a vida. Non lles anden regateando co financiamento mentres, ao mesmo tempo, gastan os cartos de todos nós pagando favores. Non os obriguen a marchar fóra para non volver. Que aprendan aquí, que traballen aquí, que ensinen aquí. Pode que así, algún día, poidamos amosarlle ao mundo que por fin somos o gran país que podemos ser“.

Manuel Rey Pan (Carballo, 1989) é redactor de GCiencia desde maio de 2016. Anteriormente traballou en La Voz de Galicia e Radio Voz entre 2012 e 2015. É graduado en Periodismo pola Universidad Pontificia de Salamanca, Máster en Edición Periodística pola Escola de Medios de La Voz de Galicia e Máster en Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.