cartel contar a ciencia III

“la Caixa’ e GCiencia lanzan a III edición do Premio Contar a Ciencia de Xornalismo

O catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo presentou o premio nunha Clase Aberta Facultade de Xornalismo de Santiago

la Caixa” e o portal GCiencia veñen de convocar por terceiro ano consecutivo o premio universitario de comunicación científica Contar a Ciencia, dirixido a estudantes das facultades de xornalismo e comunicación das tres universidades galegas. Entre os obxectivos do premio atópanse a divulgación da ciencia e da investigación que se desenvolven nos distintos campus e achegar o xornalismo e a ciencia ao gran público. A convocatoria conta co apoio da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta e nela tamén participan as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña.

Presentación do premio en Santiago.

Presentación do premio en Santiago.

O catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo foi o encargado hoxe de presentar o premio, nunha Clase Aberta celebrada na Facultade de Xornalismo de Santiago, á que asistiron estudantes de diversas facultades da USC, ademais do Secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. Carracedo destacou na súa intervención a necesidade de mellorar a información que os científicos achegan a sociedade e animou aos estudantes de xornalismo a participar no premio e a poñerse en contacto cos grupos de traballo das universidades galegas, para difundir os seus proxectos.

Carracedo reivindicou a importancia da divulgación da ciencia

Os estudantes interesados en participar no premio terán que presentar reportaxes escritas, traballos audiovisuais –tamén fotográficos– ou a combinación de ámbalas dúas modalidades, nas que os alumnos participantes expliquen proxectos de ciencia e tecnoloxía que se desenvolvan nunha das universidades galegas. Coma novidade, este ano os estudantes non terán que limitarse a proxectos da súa propia universidade, senón que poderán estender os seus traballos a calquera das tres existentes en Galicia.

Dacordo coas bases do premio, os alumnos (de xeito individual ou en grupos de dous) presentarán as súas propostas de reportaxe ata o vindeiro 15 de abril. Trátase de presentar esquematicamente unha idea que deberá desenvolverse nunha fase posterior. O equipo de GCiencia seleccionará as máis destacadas pola súa calidade, orixinalidade do tema tratado e o seu valor periodístico e comunicativo. Os autores dos traballos seleccionados disporán ata finais de abril para presentar as súas propostas xa totalmente elaboradas e feitas en galego. Ao longo das semanas seguintes publicaranse en GCiencia todos os traballos que pasen esa primeira proba.

O traballo que resulte gañador obterá un premio de 700 euros e un teléfono móvil da compañía galega Primux, ademais haberá un finalista que será premiado cunha tablet da mesma marca. Todos os traballos seleccionados durante a primeira fase obterán un diploma acreditativo da súa participación no premio.

Premiará traballos xornalísticos sobre ciencia en Galicia

A elección do gañador e dos dous finalistas correrá a cargo dun xurado integrado por representantes de GCiencia, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, de “la Caixa”, da Secretaría Xeral de Universidades, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e das tres universidades galegas. O xurado tomará a súa decisión nas última semanas do mes de xuño.

Ao longo da súa intervención Ángel Carracedo explicou que tanto os científicos coma os propios medios de comunicación non están a facer moitos esforzos por difundir os proxectos científicos feitos na universidades galega. “A comunicación científica faise de xeito moi desigual e sen estándares. Hai traballos da nosa comunidade científica que foron publicados en revistas coma Nature e Science ou no New York Times e que non apareceron nos medios galegos”, indicou o catedrático.

Os estudantes participaron activamente no acto e plantexaron a Carracedo numerosas cuestións relacionadas co papel dos xornalistas e da comunicación no eido científico. “A falta de comunicación por parte dos científicos fai que ás veces caigamos nas máns de pseudociencias”, concluíu Carracedo.

Aquí podes consultar as bases do III Premio Contar a Ciencia

Unha resposta a ““la Caixa’ e GCiencia lanzan a III edición do Premio Contar a Ciencia de Xornalismo”

  1. En Primux apostamos fuerte por reforzar las posibilidades de los jóvenes talentos del país mediante colaboraciones y patrocinios. Esperemos que estas iniciativas ayuden a asegurar un futuro mejor.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.