Sábado 20 Abril 2024

O científico da UDC Juan Bermúdez, premiado pola Real Sociedad Española de Química

No mes de xuño do ano pasado, investigadores da Universidade da Coruña publicaban en Nature Communications un artigo no que describían un novo material que podería abrir a porta a sistemas de refrixeración non contaminantes. Un traballo que lle valeu a este equipo o premio de investigación Ernesto Viéitez, que outorga a Real Academia Galega de Ciencias, e que agora outorga un novo recoñecemento a este equipo. Neste caso, o investigador Juan Manuel Bermúdez García, do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), que recibiu o Premio ao Mellor Artigo publicado por un investigador novo outorgado polo Grupo Especializado en Química do Estado Sólido da Real Sociedad Española de Química.

Bermúdez é un dos asinantes, xunto a Manuel Sánchez Andújar, Socorro Castro García, María Antonia Señarís Rodríguez, Jorge López Beceiro e Ramón Artiaga, do traballo sobre a perovskiña (así bautizada na honra da orixe galega do achado). Este material, pertencente á familia dos denominados ‘híbridos orgánicos-inorgánicos’arrefría cando se lle aplica unha determinada presión en condicións próximas á temperatura ambiente. É o primeiro exemplo deste comportamento neste tipo de materiais. Non en tanto, é moi posible que haxa outros compostos que tamén presenten estas propiedades. Deste xeito, ábrese un gran horizonte de posibilidades en novos materiais para sistemas de refrixeración alternativos aos actuais.

Publicidade

Con este achado, o grupo do que forma parte Bermúdez propón o uso de materiais calóricos como alternativa aos gases de refrixeración, perigosos e contaminantes. A proposta, barata e non contaminante, permitirá facer sistemas de refrixeración máis compactos e eficientes, moi útiles nos dispositivos electrónicos. O artigo xurdira da tese de doutoramento de Juan Bermúdez, que estaba a investigar novos materiais orgánicos-inorgánicos para aplicacións tecnolóxicas, enerxéticas e medioambientais.

Deste xeito, o grupo descubriu que a perovskiña é un sólido cun efecto calórico moi prometedor para refrixeración inducido por baixas presións. Ademais é a primeira vez que se reduce enormemente a presión necesaria para exercer un efecto de refrixeración nun sólido. Ata agora todos os materiais sólidos de refrixeración necesitaban presións de traballo por riba de 1.000 bar (unhas 1.000 veces superior á presión atmosférica) e por primeira vez conseguiuse reducir esa presión por debaixo dos 70 bar, achegándonos á presión que poden acadar os compresores das neveiras actuais.

Tamén podes ler:

ciencia/refrixeracion-udc/

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:00

O amor, unha cuestión de química?

Substancias químicas como a dopamina espertan o desexo que podemos sentir por alguén, pero só uns vínculos profundos garanten unha relación duradeira

Estas son as substancias químicas que nos engordan e si, están por todas partes

Certos compostos dos envases, cosméticos, deterxentes ou dos propios alimentos poden ter un papel no aumento do sobrepeso e da obesidade na poboación

Cunchas de moluscos, as grandes aliadas do sector da bioconstrución

A empresa Extraco promove o emprego de materiais de orixe biolóxica para a fabricación de morteiros ou formigóns

Un científico galego descobre os poderes do veleno de avespa contra as superbacterias 

César de la Fuente: “O logro abre novas portas para deseñar novos antibióticos inspirándonos nos velenos do mundo natural"