Venres 29 Marzo 2024

A tese da galega Jéssica Rodríguez, entre as 10 mellores do mundo no eido da química

A investigadora galega Jéssica Rodríguez Villar (Carballo, 1989) foi seleccionada entre as 10 finalistas do Reaxys PhD Prize, un prestixioso galardón que escolle os mellores traballos de doutoramento no eido da química a nivel mundial. Deste xeito, Jéssica recibe un novo recoñecemento polo seu traballo, que xa fora premiado pola Real Academia Galega de Ciencias, cunha Mención Honorífica, e pola Real Sociedade Española de Química, que a escolleu como a mellor tese de Bioquímica realizada en España en 2016.

Jéssica Rodríguez é a única española entre as dez finalistas, despois de superar a penúltima fase de corte, na que foron escollidos os 45 mellores traballos do mundo. Xunto a ela figuran científicos de Harvard, o Imperial College de Londres ou a Universidade de Tokio. A fase de selección dos finalistas baséase na calidade das publicacións resultantes das teses.

Publicidade

Os días 19 e 20 de outubro, en Shangai (China), os dez participantes terán que facer unha presentación oral do seu traballo. Aquí, o xurado, formado por investigadores de referencia procedentes de todo o mundo, escollerá aos tres gañadores.

A tese foi desenvolvida no CiQUS, e dirixida polo director deste centro, José Luis Mascareñas, e o profesor Eugenio Vázquez.  O traballo, titulado ‘Derivados peptídicos sintéticos para a unión selectiva de ADN’ . Actualmente, Jéssica está realizando unha estadía posdoutoral na Université Paul Sabatier – Toulouse III, en Francia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos
00:05:00

O amor, unha cuestión de química?

Substancias químicas como a dopamina espertan o desexo que podemos sentir por alguén, pero só uns vínculos profundos garanten unha relación duradeira

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno

Estas son as substancias químicas que nos engordan e si, están por todas partes

Certos compostos dos envases, cosméticos, deterxentes ou dos propios alimentos poden ter un papel no aumento do sobrepeso e da obesidade na poboación