Jéssica Rodríguez.

Jéssica Rodríguez.

Jéssica Rodríguez, do CiQUS de Santiago, premio á mellor tese en Bioquímica do 2016

A investigación premiada pola Real Sociedade Española de Química foi dirixida polo profesor José Luis Mascareñas

Apenas uns meses despois da súa defensa na Facultade de Química da Universidade de Santiago, a tesis da doutora egresada do CiQUS Jéssica Rodríguez Villar volve ser premiada por segunda vez: logo de ser recoñecida o pasado mes de decembro cunha Mención Honorífica nos Premios Ernesto Viéitez da Real Academia Galega de Ciencias, a investigadora recibe agora o Premio á Mellor Tese de Doutoramento en Química Biolóxica en 2016, concedido polo Grupo Especializado de Química Biolóxica (GEQB) da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).

A decisión do xurado –que só tivo en conta aquelas candidaturas acreditadas coa máxima valoración académica nas súas universidades de orixe–, sorprendeu á científica en Francia, onde na actualidade realiza unha estancia posdoutoral na Université Paul Sabatier – Toulouse III. Ademais da dotación económica, o premio outorga á beneficiaria a posibilidade de presentar o traballo mediante unha comunicación oral ao longo da IV Bienal do GEQB, que terá lugar en Barcelona o vindeiro mes de febreiro de 2018.

A tese premiada forxouse no grupo do CiQUS MetBioCat, baixo a dirección dos profesores José Luis Mascareñas e Eugenio Vázquez. O traballo, titulado ‘Derivados peptídicos sintéticos para a unión selectiva de ADN’, foi avaliado polo tribunal coa máxima cualificación académica (Sobresaliente Cum Laude) e conta tamén con Mención de Doutoramento Europeo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.