A charla de Pàmies en Vigo está prevista para este venres nun hotel da cidade. Imaxe. Facebook de Josep Pàmies.

A charla de Pàmies en Vigo está prevista para este venres nun hotel da cidade. Imaxe. Facebook de Josep Pàmies.

Un hotel acolle este venres en Vigo ao empresario que di curar o ébola

O empresario catalán ten previstas tamén charlas na Coruña para o sábado 10 e este mesmo xoves xa falou nun local de San Sadurniño

Aínda despois de varias cancelacións, o empresario Josep Pàmies estará esta fin de semana en Galicia. Pàmies, coñecido polas súas polémicas afirmacións sen sustento científico – a sida é mentira, a quimioterapia é ineficaz contra o cancro, as vacinas poden causar autismo ou o ébola pode curarse con cloro e plantas – tiña prevista unha xira por Galicia, con paradas en Vigo e A Coruña. O colexio vigués e o hotel coruñés onde ía falar Pàmies cancelaron as conferencias, pero, con todo, vanse acabar celebrando.

Pàmies fala de “salvaxe censura” das persoas e colectivos que critican as súas reticencias sobre as  vacinas

Este mesmo xoves xa deu unha charla en San Sadurniño, nun local que non se deu a coñecer ata pouco antes da actividade, “para evitar máis presións a propietarios dos locais que actualmente ceden o seu espazo”. A través dun número de teléfono e un enderezo electrónico, os interesados podían contactar cos organizadores para coñecer o lugar onde debían desprazarse.

Na súa páxina de Facebook, Pàmies anunciou a súa visita a San Sadurniño dicindo: “Entramos na perigosa Galicia, a dar charlas sobre temas tan ‘inquietantes’ como Alimentación Natural e Terapias Naturais de Baixo Custo, para superar enfermidades ‘insuperables'”. A publicación tamén falaba da “salvaxe censura das autoridades político sanitarias, colexios de médicos, medios de información, etc., presionando a diferentes autoridades locais e hoteis, non impedirá que ao final as charlas poidan darse en Galicia.

Cartel da charla de Pàmies no hotel de Vigo.

Cartel da charla de Pàmies no hotel de Vigo.

Pero a de San Sadurniño non vai ser a única. “Os censores quixeron evitar unha charla e agora van ter que tragar dúas“, publicaba estes días a páxina de Facebook do empresario respecto á programación das actividades da Coruña. E poderían ser tres, segundo anuncia a súa páxina web; dúas pola mañá e unha pola tarde. As da mañá celebraríanse no Centro Social Okupado A Insumisa, sempre segundo o anunciado na rede social, e as da tarde serían nun “centro público céntrico“.

Desde a páxina do empresario sinalan que “para evitar censura e represalias das autoridades e demais malas herbas“, farán pública a dirección a través dun número de teléfono e un enderezo de correo electrónico. Estas novas ubicacións decidíronse despois de que o hotel Attica21, primeiro, e o Meliá María Pita, despois, denegasen a cesión dos seus espazos polas protestas de colectivos científicos e numerosos cidadáns.

Farán público o lugar horas antes “para evitar censura, represalias, e demais malas herbas”

Antes de visitar A Coruña, Pàmies falará este mesmo venres ás 18 horas no hotel Coia de Vigo, despois de que o Colegio Hogar cancelase en febreiro a charla prevista para este día 9. Desde o establecemento hoteleiro sinalan que se puxeron en contacto con eles para solicitarlle celebrar o acto de Pàmies no seu salón de actos. “Como sempre se fai nestes casos, a xente alquila o espazo e nós cedémosllo, sempre que non se faga algo delictivo”, explican fontes do hotel.

A visita de Pàmies a Galicia prodúcese no marco dunha cascada de alertas sobre os riscos do discurso antivacinas. Hai apenas dúas semanas, o Concello da Coruña solicitou á feira Biocultura a cancelación das charlas de Xavier Uriarte e José Núñez, representantes da Liga pola Liberdade da Vacinación, un colectivo que defende que as vacinas poden causar graves problemas de sáude.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.