Martes 19 Marzo 2024

A Real Academia Galega revisa a definición de homeopatía no dicionario

A conta da Real Academia Galega en Twitter publicou este venres que a definición da palabra homeopatía” no dicionario da lingua galega será revisada. Na actual entrada, inclúese a esta pseudociencia na categoría de Medicina, e dise dela que é un “sistema terapéutico que se basea na administración, en doses infinitesimais, de substancias que producen efectos semellantes aos da enfermidade que se trata, así como na individualización dos tratamentos”. Do mesmo xeito, a definición de homeópata di que se trata dun “médico que se dedica á práctica da homeopatía”, cando en moitos casos non é así.

A través desta mesma rede social, un chío do usuario @javierbalea desencadeou unha conversa na que a conta da Real Academia Galega suxería que se fixeran chegar as suxestións sobre o termo ao formulario de contacto. A través desta ferramenta, a entidade revisa e corrixe de xeito constante as definicións incluídas no dicionario. E este mesmo venres, a entidade anunciou que, despois de recibir diversas suxestións sobre o termo “homeopatía“, a entrada sería revisada.

Publicidade

A homeopatía noutros dicionarios

Nos dicionarios doutras linguas, non hai unanimidade sobre a vinculación da homeopatía coa medicina. O Priberam da lingua portuguesa, defínea como “sistema médico que cura as doenças com as próprias substâncias que as podem determinar”. Porén a Real Academia Española non menciona á medicina, e fala de “sistema curativo que aplica a las enfermedades, en dosis mínimas, las mismas sustancias que, en mayores cantidades, producirían síntomas iguales o parecidos a los que se trata de combatir”.

Do mesmo xeito, o Diccionari do Institut d’Estudis Catalans define a homeopatía como “pràctica terapèutica que consisteix a tractar les malalties per mitjà de medicaments a dosis mínimes, els quals, administrats a dosis més grans produirien en la persona sana símptomes iguals als de la malaltia que es tracta de combatre”. Tamén fala simplemente de terapia o diccionario Larousse de francés, que di “méthode thérapeutique consistant à prescrire à un malade, sous une forme fortement diluée et dynamisée, une substance capable de produire des troubles semblables à ceux qu’il présente”.

E tampouco hai criterios únicos na lingua inglesa. Así, o dicionario Oxford sinala que é “a system of complementary medicine in which ailments are treated by minute doses of natural substances that in larger amounts would produce symptoms of the ailment”. Pola contra, o libro de Cambridge non cita á medicina, e fala de “a system of treating diseases in which sick people are given very small amounts of natural substances that, in healthy people, would produce the same effects as the diseases produce”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A intelixencia artificial xa entende o galego: deseñan o primeiro recoñecedor de voz

O proxecto Nós desenvolveu tamén un tradutor neuronal multilingüe e unha aplicación que a partir dun texto le na lingua materna

O galego é cousa de boomers: “Estamos ante unha emerxencia lingüística”

Só o 14% dos menores de 15 anos falan sempre a lingua de Galicia, fronte ao 49% das persoas de 65 ou máis anos

Por que hai persoas que cren que as emocións provocan cancro?

A poboación acepta maioritariamente ideas pseudocientíficas. Comprender a filosofía da ciencia é a mellor vacina posible

Queres axudar ás maquinas a falar en galego? Un proxeto internacional busca o teu apoio

O Proxecto Trasno e máis Common Voice buscan crear unha base de datos na lingua propia de Galicia coa que desenvolver tecnoloxías