Sábado 20 Abril 2024

O xornalista de GCiencia Manuel Rey gaña o Premio Galicia de Xornalismo Científico

O xornalista de GCiencia Manuel Rey Pan é o gañador do Premio Galicia de Xornalismo Científico, que concede a Real Academia Galega de Ciencias, coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia. Manuel Rey acadou o galardón pola súa reportaxe A ataxia  SCA36, o mal sen cura da Costa da Mortepublicado o 27 de abril de 2017 en GCiencia. O xurado destacou a calidade deste traballo xornalístico, que analiza as características desta doenza de orixe xenética propia da Costa da Morte.

Manuel Rey Pan (Carballo, 1989) é redactor de GCiencia desde maio de 2016. Anteriormente traballou en La Voz de Galicia e Radio Voz entre 2012 e 2015. É graduado en Periodismo pola Universidad Pontificia de Salamanca, Máster en Edición Periodística pola Escola de Medios de La Voz de Galicia e Máster en Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela.

Publicidade

O Premio Galicia de Xornalismo Científico, dotado con 4.000 euros, será entregado a Manuel Rey nun acto con motivo do Día da Ciencia en Galicia, que se celebrará en Compostela o vindeiro mes de outubro.

Rey amósase “moi contento, tendo en conta a cantidade e a calidade do xornalismo científico que se fai en Galicia, e por ser recoñecido por unha institución como a RAGC”. Tamén comparte a ledicia polo premio con GCiencia: “Alégrome moito tamén polo proxecto de GCiencia, que demostra que a ciencia interesa se se conta con ilusión e paixón, e que o galego ten moito futuro en todos os sentidos”. Sobre a súa reportaxe, centrada na Ataxia SCA36, Rey pensa que “oxalá contribúa a facer máis visible o traballo contra esta enfermidade, porque afecta a xente de aquí e o mérito é de investigadores galegos, que seguen traballando para mellorar a vida dos doentes”.

saude/sca36-ataxia-da-costa-da-morte/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia Galega de Ciencias celebra o ingreso de tres novos académicos correspondentes

Francisco Marcellán, Jorge Martínez e Juan Ramón Sanmartín manifestaron o seu compromiso coa evolución da ciencia en Galicia

A Academia de Ciencias premia a investigación de “alto nivel” producida en Galicia

Os galardóns foron para Diego Peña e Marcos Fernández, máis dúas mencións honoríficas a Luis Carral e Sergio Vila

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

A Academia de Ciencias premia un estudo galego que foi portada da prestixiosa revista ‘Science’

O outro proxecto galardoado, tamén da USC, é un sistema de recuperación de información capaz de proporcionar resultados correctos e cribles