A actividade vai dirixida a nenos e nenas a partir dos seis anos. Foto: VermisLAB

A actividade vai dirixida a nenos e nenas a partir dos seis anos. Foto: VermisLAB

Gastrociencia, o campamento que fusiona ciencia e gastronomía

A actividade para cativos celebrarase en xullo en Santiago de Compostela, na sede de VermisLAB

O campamento de Gastrociencia ten como obxectivo acercar aos nenos ao ámbito gastronómico desde unha perspectiva totalmente innovadora: a científica. Durante cinco días, en Santiago de Compostela, os alumnos aprenderán, observarán e porán en práctica todas as reaccións físicas e químicas que se producen cando elaboramos un prato na cociña. Enfornar pan, realizar emulsións, cociñar un biscoito no microondas, facer esferificacións ou imprimir galletas en 3D son só algunhas das cousas que os alumnos poderán levar a cabo coas súas propias mans.

O campamento diríxese a nenos e nenas a partir dos seis anos, contará con dous profesores de VermisLAB, Yolanda Iglesias, bloguera gastronómica, e José Gago, membro de Scienceffect, e algúns dos referentes galegos en distintas materias dentro da gastronomía: Jorge Gago falará do seu día a día como xefe de cociña, Guillermo Moscoso desvelará todos os detalles  para facer un bo pan, responsables de Casa Grande de Xanceda explicarán ós nenos dun xeito práctico como ordeñar unha vaca e cal é o segredo dos seus iogures e Álvaro Rey, de Makergal, axudará ós alumnos a imprimir as súas propias galletas en 3D.

VermisLAB é un proxecto de innovación educativa que explora novas posibilidades no ámbito da formación, co obxectivo de potenciar a creatividade e estimular a curiosidade dos alumnos polas novas tecnoloxías, o deseño ou a ciencia. Este proxecto está formado por máis dunha vintena de profesionais galegos de diferentes ámbitos, como a enxeñaría, a física, o deseño, a arquitectura, a comunicación ou a psicoloxía, os cales colaboran para desenvolver novas propostas formativas á vangarda das educación.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.