Xoves 28 Marzo 2024

Galiciencia busca 80 proxectos escolares para o seu décimo aniversario

A maior feira científica de Galicia, a Galiciencia, xa está en marcha cara ao seu décimo aniversario. Tecnópole, o Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, abre o prazo de recepción de proxectos para a feira, ata o vindeiro 25 de outubro. Aos habituais 50 traballos presentados por equipos de estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP que competirán polo primeiro premio do certame, súmanse fóra de concurso 30 proxectos máis de alumnos de Primaria e Educación Especial, consolidando así a exitosa experiencia piloto da anterior edición.

A mascota oficial do evento será Micro, creada pola alumna Sonia Ricoy, de Vigo.
A mascota oficial do evento será Micro, creada pola alumna Sonia Ricoy, de Vigo.

O evento terá lugar entre o 18 e o 20 de novembro nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. A súa celebración é posible un ano máis grazas ao apoio da Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación.
As bases están xa dispoñibles en www.galiciencia.com, coa posibilidade de que calquera centro escolar envíe as súas propostas. Os 50 proxectos participantes na competición estarán expostos durante os tres días da feira, mentres que os de Primaria e Educación Especial poderán verse en quendas de 10 proxectos diferentes cada día.
A celebración do décimo aniversario da Galiciencia comezou xa no mes de marzo cunha xira de espectáculos científicos por toda Galicia, cun ciclo de cursos para que os docentes poidan axudar mellor aos seus alumnos a preparar proxectos e co concurso para o deseño da mascota oficial do evento. O elixido foi Micro, creado por Sira Ricoy, alumna de 1º da ESO do IES Carlos Casares de Vigo.
Como novidade, este ano os premios serán entregados por categorías temáticas en lugar de por ciclos educativos, como viña sendo habitual. Así, serán seleccionados polo xurado o proxecto coa mellor presentación oral, o máis innovador, o que acredite o método e proceso de investigación máis definido e o mellor do eido das humanidades. De entre todos estes, o que consiga a maior puntuación levará o primeiro premio, dotado con 1000 euros para financiar a súa participación na maior feira científica a nivel estatal, a Exporecerca 2016.

O Ano Internacional da Luz será celebrado con varios obradoiros para estudantes

Para participar, o requisito fundamental é formar un equipo de dous alumnos e un profesor e contar a idea en tres folios, xa sexan proxectos experimentais e tecnolóxicos ou traballos documentais. Como é habitual, o comezo do curso escolar suporá o inicio da preparación dos proxectos para os equipos.
Á parte de facilitar o desprazamento mediante autobuses procedentes de toda Galicia e a estancia dos estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP en Ourense, ademais de montar a infraestrutura da feira, Tecnópole organiza actividades paralelas para o público e para os propios participantes. Este ano haberá, entre outros, varios talleres relacionados coa celebración do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz.
Ademais, Tecnópole pon en marcha un ano máis o seu programa de capacitación en habilidades innovadoras para escolares, este curso con novidades. Tras o éxito dos talleres de robótica de verán, as Aulas Tecnópole terán este ano unha sección específica dedicada a esta temática. A inscrición estará aberta ata o 30 de setembro.

Publicidade

Alumnos de 9 a 13 anos participarán nas Aulas Tecnópole de Robótica

As Aulas Tecnópole retomarán a súa actividade por quinto ano consecutivo no mes de outubro e cada xoves pola tarde acollerán a un grupo formado por un máximo de 45 alumnos e alumnas de 12 a 18 anos. Os seus ámbitos de traballo estarán abertos a todas as áreas do coñecemento, dende as novas tecnoloxías ata as ciencias ou as humanidades. Os participantes no curso terán ocasión de presentar os seus proxectos en Galiciencia.
Pola súa parte, as novas Aulas Tecnópole Robótica terán lugar os mércores pola tarde cun auditorio máis limitado, de 24 participantes. Dirixidas a estudantes de 9 a 13 anos, recollen a testemuña dos exitosos talleres de verán celebrados en Tecnópole ao longo dos últimos meses. O seu obxectivo será achegar conceptos de programación aos máis pequenos a través da construción e programación de robots.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo

Galicia superará os 40 graos durante a cuarta onda de calor da península

O sur de Pontevedra a Ourense serán as zonas máis afectadas durante un episodio de calor intenso que durará ata o xoves

Alerta por 19 positivos por tuberculose en Ourense: estes son os seus síntomas

Un infectado contaxiou a case unha vintena de alumnos do IES Julio Prieto Nespereira que, de momento, non desenvolveron a enfermidade

Bolígrafos de tinta natural e mans biónicas: entre os 100 proxectos do alumnado en Galiciencia

A maior feira científica de Galicia conta con 4.800 participantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato