Unha mostra das imaxes captadas e tratadas co dispositivo SEERS.

Unha mostra das imaxes captadas e tratadas co dispositivo SEERS.

Galicia lidera o deseño dun dispositivo de axuda con infravermellos para emerxencias

Aimen, con base en Porriño, coordina un consorcio no que tamén participa Gradiant

O centro tecnolóxico Aimen, con base no Porriño, lidera un proxecto europeo que desenvolverá un dispositivo para mellorar a seguridade en túneles e peiraos en situacións de pouca ou nula visibilidade. Unha iniciativa que podería solucionar importantes problemas cos que ás veces se atopan os servizos de emerxencia en situacións críticas. Profesionais do eido da fotónica e a seguridade de oito entidades europeas reúnense estes días en Vigo para abordar a última fase de desenvolvemento deste proxecto, denominado SEERS (acrónimo en inglés de Cámara multiespectral para vixilancia Infravermella de baixo custo). A iniciativa conta cun orzamento de 3,7 millóns de euros e forma parte da convocatoria europea Horizon 2020.

O sistema componse dunha cámara que cubre o rango infravermello que permite observar o tráfico cando determinadas condicións (mal tempo, néboa, fume, etc.) dificultan a visión. O SEERS tamén analiza a información capturada, polo que pode medir a temperatura e detectar, deste xeito, incendios ou explosións. Tamén monitoriza o tráfico rodado e marítimo cun sistema de análise de vídeo intelixente, desenvolvido por Gradiant.

Unha vez superada a posta a punto e a fase de probas, o SEERS poderá funcionar tanto en plataformas estáticas como desde drones, para adaptarse ás necesidades de vixilancia segundo as circunstancias.

No consorcio liderado por Aimen, tamén participan, ademais de Gradiant, compañías de seis países, entre as que se inclúen Airbus Defence and Space (Francia) e Thales (Italia), que testarán o sistema de videovixilancia costeira e tráfico confinado. O equipo de traballo complétano NIT (New Infrared Tecnologies) -España-, MikroSens e METU-MEMS (da Middle East Technical University de Turquía) Quest Photonic Devices BV, dos Países Baixos, e a Universidade de Glasgow (Escocia).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.