Gráfico de xenética de poboacións incluido no estudo de Oxford e a USC.

Gráfico de xenética de poboacións incluido no estudo de Oxford e a USC.

Os galegos teñen a maior porcentaxe de ADN africano

Un estudo das universidades de Santiago e Oxford revela que Galicia ten máis rasgos xenéticos do Norte de África que Andalucía

É un dato difícil de explicar e que contradí a historia. Porque a presenza musulmana en Galicia na Idade Media foi case anecdótica. Pero a presenza de ADN do Norte de África entre os galegos é a maior de toda España, moi por riba de zonas como Andalucía ou Valencia onde o Islam magrebí foi unha realidade establecida durante moitos séculos.

Os resultados chegan dun estudo publicado esta semana, elaborado pola Universidade de Santiago e a Universidade de Oxford. Nel participa o catedrático Ángel Carracedo, e no seu equipo califican como “sorprendente que Asturias, Galicia ou León teñan unha taxa de similitudes máis alta que zonas como Valencia ou Granada, onde houbo máis presenza de musulmáns”.

Pero aí están os datos dun estudo realizado sobre o xenoma de 1.413 individuos, seleccionados de xeito proporcional entre todas as comunidades autónomas. Este tipo de traballos son unha novidade nos últimos tempos e permiten achados como a estrutura xenética dos países ou a recente identificación da orixe dos escravos africanos en Estados Unidos, realizada coa participación do xenetista da USC Antonio Salas Ellacuriaga. Estes novos avances en xenética de poboacións mesmo teñen permitido resolver casos criminais, como aconteceu co da moza madrileña Eva Blanco.

Mapa con características xenéticas locais.

Mapa con características xenéticas locais.

Desta volta, os científicos traballaron cuns 693,092 SNPs, máis que dabondo para calcular a ‘proximidade xenética‘ entre individuos. É importante ter en conta que a data de nacemento media dos individuos obxecto do estudo foi 1941. É dicir, é previsible que a estrutura xenética actual sexa algo distinta (sobre todo, polos cambios socio-demográficos da industrialización dos anos 60). Pero isto afecta distribución das similitudes entre comunidades autónomas, e non a presenza de ADN propio do Norte de África.

O estudo revela tamén no mapa grandes eixos verticais de similitude xenética

Os resultados reservan moitas sorpresas. Por exemplo, nos mapas que acompañan o estudo vemos que as estruturas de reparto xeográfico por xenética son verticais. Isto significa que hai máis parecido xenético entre Andalucía, Estremadura e Asturias, que no eixo horizontal, que sería o máis esperado. Aínda así, vemos como se manteñen algunhas zonas con características xenéticas propias, pouco relacionadas co resto. E aquí coinciden con País Vasco-Navarra, Cataluña e Galicia.

Pero o máis chamativo para Galicia neste estudo é a pervivencia de ADN procedente do Norte de África. Xa nun estudo anterior, comezaron a apuntarse estes datos. E agora quedan confirmados e abren unha incógnita que a ciencia deberá clarexar. Estímase que un de cada cinco galegos teñen unha linaxe xenética compartido cos habitantes norteafricanos, aínda que estas características non se expresen nunha apariencia física concreta. Os investigadores falan de pequenos detalles e trazas xenéticas que son propias dunha zona xeográfica ou de outra. Pero que son inequívocamente distintivos e falan dunha linaxe común.

Aquí podes ler
o estudo xenético realizado por Oxford e a USC

31 respostas a “Os galegos teñen a maior porcentaxe de ADN africano”

  1. Carmelo Zugazagoitia

    Pode que unha explicación esté relacionada coas distintas invasions “bárbaras” de Iberia. Suevos e Alanos das primeras oleadas foro deprazados por os Visigodos que ocuparon o centro e sur da península.

  2. Enrique

    Tendo en conta que a estructura do reparto xenético é vertical, sería imprescindible incluír a Portugal. Non sei se se intentou contactar con algunha das súas universidades, pero así queda incompleto. Cando se fala de ciencia e entender o movemento dos pobos habería que evitar estas fronteiras.

  3. Pre román quizá. No resto da península botaronos por mor da sua relixión (700 anos dan pa convertirse) e con eles a sua ADN. As repoboacions cristians fixeron o resto.

    • Francisco Xabier Gil Vázquez

      De prerrromán, nada. Non é siquera medieval, senón moderno e iso está determinado científicamente desde hai uns anos. É unha evidencia xenética a achega norteafricana “recente” (Idade moderna) en todos nós. Aconséllote ler o libro Xenética e Historia no NO, VVAA (Consello da cultura galega). E cando digo en todos nós é porque 1/5 dos galegos teñen un cromosoma Y que certifica esa orixe, pero as mulleres non teñen cromosoma Y, así que eu podo telo e as miñas fillas non e non por iso deixan de ter ascendencia norteafricana tamén.

  4. Victor Manuel Guerreiro de Brito

    Boa tarde.
    Como português julgo que o agora avançado fará sentido. A ocupação muculmana em toda a Iberia foi mais de fixação de povos oriundos de do norte de África os quais se cruzaram com os autóctones, onde o aspecto militar por vezes era secundário. Tinhamos muitos muçulmanos e cristãos que transitavam para ambos os lados. As fronteiras não eram estanques como a história nos faz crer. Portugueses e espanhóis são resultado de uma amalgama de povos iberos, celtas, lusitanos, cartagineses, fenícios, romanos, suevos, visigodos, bizantinos, judeus, africanos negros e muçulmanos entre outos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.