Xoves 28 Marzo 2024

Expertos do acelerador de partículas do CERN reúnense en Santiago

Galicia acollerá esta semana, por vez primeira, o plenario de expertos sobre un dos experimentos que conforman o LHC (Gran Colisionador de Hadróns), tamén coñecido como acelerador de partículas. Será con motivo do congreso internacional 81º LHCb Collaboration Week, que reunirá en Santiago de Compostela a máis de 200 investigadores de todo o mundo para presentar e discutir os últimos avances científicos asociados ao experimento LHCb do CERN, especializado no estudo da asimetría que se observa no universo entre materia e antimateria.

O programa desenvolverase ao longo de toda a semana, desde o luns 12 ata o venres 16, con sesións que terán lugar na Facultade de Filosofía, e co plenario que se celebrará no Auditorio Abanca.

Publicidade

A USC colabora co CERN a través do grupo de Física de Altas Enerxías

A USC tamén está presente neste experimento coa participación do grupo de Física de Altas Enerxías da Facultade de Física, nunha colaboración que reúne 1.151 investigadores de 69 institucións pertencentes a 16 países. O obxecivo do LHCb enmárcase no estudo das partículas elementais constituíntes da materia e as interaccións fundamentais entre elas. Neste contexto a asimetría existente no universo entre a materia e a antimateria é un fenómeno aínda sen explicar e ao que o LHCb buscar dar explicación ampliando o coñecemento que a comunidade científica ten sobre as forzas da natureza, segundo explican desde a USC.

O LHCb está deseñado para estudar a ruptura da simetría entre materia e antimateria producida no Big Bang, momento no que a materia “venceu” á antimateria, formando os átomos que compoñen galaxias, estrelas, planetas e todo o que existe, sen que a día de hoxe se saiba exactamente porqué. O equipo de LHCb da USC explora, entre outras cousas, as diferenzas existentes entre materia e antimateria. Como explican os promotores do equipo compostelán, o LHCb está deseñado para detectar os efectos indirectos que partículas masivas sen descubrir poden ter en desintegracións de mesóns de beleza que se producen no LHC

O LHC, emprazado no Centro Europeo de Investigación en Física de Partículas de Xenebra,  fai colidir feixes de protóns a unha enerxía de 14 Tera-electron-Volts (TeV), unha enerxía nunca antes alcanzada e que, logo de iniciar o pasado ano unha segunda etapa de funcionamento, duplica as rexistradas na súa primeira etapa de funcionamento. Entre os avances científicos que se abordarán neste encontro especializado, atópanse temas como o descubrimento dos pentaquarks, partículas que conteñen cinco quarks de valencia, fronte ao máis habitual, partículas como os protóns ou os neutróns con tres quarks, ou os mesóns que conteñen dous.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O comportamento humano altérase de xeito notorio en grupos de máis de 180 persoas

Unha nova análise matemática permite comprender como cambiará unha empresa ou unha rexión por medrar de tamaño

A forza dos raios: mortais nun radio de dez metros e inofensivos dentro dun coche

A presenza da gaiola de Faraday provoca que o campo electromagnético dentro dun condutor en equilibrio estático sexa nulo

O exdirector do CERN: “Somos tres partículas en distintas combinacións. Todo é física”

“O desafío actual é comunicar o que se está facendo”, afirma Rolf-Dieter Heuer, director do acelerador de partículas cando o descubrimento do bosón de Higgs

“A ciencia exoplanetaria axuda a comprender o excepcional que é a vida na Terra”

A astrofísica galega Minia Manteiga comparte cartel con Mariano Barbacid nun encontro no CERN de investigadores europeos