Alumnos participantes no programa Saca la Lengua

Alumnos participantes no programa dan exemplo e sacan a lingua.

Estudantes de Vigo e Ourense participan nunha gran análise dos microbios da saliva

Dous colexios vigueses e un ourensán colaboran en "Saca la lengua", o maior estudo feito en España, coa participación de 2.000 alumnos

Alumnos coa unidade móbil de Saca la Lengua.

Alumnos coa unidade móbil de Saca la Lengua.

O corpo humano convive con outros microorganismos ata o punto de que ten máis bacterias que células. En concreto, hai dez por cada unha das 36 billóns de células do organismo. Boa parte destas bacterias son beneficiosas, como por exemplo as que habitan o noso tracto dixestivo e nos axudan a facer a dixestión. Moitas están aloxadas na boca. E para descubrilas, a Obra Social La Caixa creou “Saca la lengua“, un programa no que participan como voluntarios 2.000 estudantes de ESO de toda España, entre eles alumnos galegos de dous centros de Vigo e doutro de Ourense. En concreto, serán o colexios vigues Niño Jesús de Praga e Rosalía de Castro, xunto co Instituto Aquis Querquenis de Bande.

O programa consiste na extracción de mostras de saliva dos estudantes, que serán analizadas posteriormente polo Centro de Regulación Xenómica de Barcelona. Cos resultados, saberemos que fungos e bacterias se aloxan nas nosas bocas e se poderán descubrir se hai características especiais entre os adolescentes en España.

Estudos científicos recentes destacan a importancia do conxunto de microorganismos que conviven no noso organismo, o microbioma humano, en canto á saúde e a enfermidade. Actualmente, existen varios proxectos científicos relevantes dedicados á caracterización de bacterias presentes no noso microbioma, pero os estudos acerca da diversidade de fungos son moi escasos.

Xa se fan transplantes de microbioma fecal para tratar infeccións intestinais

É lóxico pensar que estes microorganismos poidan influírnos moito, xa sexa protexéndonos dalgunhas enfermidades ou facilitando a nosa dixestión, ou tamén causándonos outras enfermidades ou dirixindo as nosas preferencias, por exemplo no gusto. Os científicos están empezando a estudalo, e na actualidade xa existen propostas de terapias que consisten en transplantar o microbioma fecal para tratar infeccións intestinais.

«O proxecto ‘Saca la lengua’ pretende identificar a variedade de bacterias e fungos presentes no noso microbioma bucal, descubrir se esta variedade vén condicionada por algunha característica ambiental e, co tempo, poder valorar se existe algunha relación coas enfermidades, explica Toni Gabaldón, xefe do grupo Genómica Comparativa do CRG e coordinador científico do proxecto. O Dr Gabaldón engade: «A detección e o estudo dos fungos presentes no microbioma bucal humano é, a nivel científico, un dos retos máis importantes do proxecto. Por agora, non existe ningún estudo cunha mostra significativa que persiga este obxectivo, e esperamos, coa axuda da cidadanía, poder ser os primeiros en logralo.

Se analizará o ADN das 2.000 mostras de saliva para detectar fungos e bacterias

Para iso, secuenciarán as 2.000 mostras de saliva en busca de fragmentos de ADN comúns en bacterias e fungos que nos permitan identificalos

Ademais, o estudo incluirá un conxunto de datos complementarios sobre os hábitos, as características ambientais e o estilo de vida dos participantes para a obtención do cal foi crucial a colaboración e saber facer (know-how) dos investigadores do Centro de Investigación en Epidemioloxía Ambiental (CREAL).

‘Saca la lengua’ é un proxecto participativo que permite aos científicos traballar a carón da sociedade. Esta nova forma de facer ciencia achega novas visións e ofrece aos científicos a frescura, a creatividade e a imaxinación da xente da rúa. Así poden ver e formular os seus proxectos dende novos puntos de vista distintos daqueles aos que están afeitos. É o que en inglés denominan pensar Out of the Box.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.