Martes 16 Abril 2024

Estudan en Santiago o uso de nanopartículas para tratar o cancro mediante hipertermia

Un grupo multidisciplinar de investigadores de España e do Reino Unido celebra este xoves na USC unha xuntanza sobre o uso de nanopartículas magnéticas para o tratamento de cancro mediante hipertermia, así como outras aplicacións biomédicas. O encontro ‘Nanopartículas magnéticas para hipertermia. Experimentos e simulacións’ ten lugar na Facultade de Óptica organizado polo Instituto de Investigacións Tecnolóxicas (IIT) da USC e o Computational Magnetism Group da Universidade inglesa de York e enmarcado no proxecto ‘Evolución da temperatura a escala nanométrica durante o tratamento de cancro mediante hipertermia’ financiado pola Royal Society (Reino Unido) para promover o traballo conxunto entre ambos grupos no eido do uso do nanomagnetismo para aplicacións biomédicas.

Coordinan esta xuntanza científica o profesor e director do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC Daniel Baldomir; o profesor do Grupo de Magnetismo Computacional da Universidade de York, Roy Chantrell; e o investigador posdoutoral David Serantes, membro do  IIT e actualmente de estadía en York co profesor Chantrell. Aproveitando esta xuntanza científica, o profesor Roy Chantrell pronunciará o venres 20 ás 10.00 horas na Aula Magna da Facultade de Física a conferencia ‘Multiscale magnetic models; from electronic structure to device design’.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T