Traxectoria que seguirá esta noite a Estación Espacial sobre Galicia. Fonte: ISS Tracker.

Traxectoria que seguirá esta noite a Estación Espacial sobre Galicia. Fonte: ISS Tracker.

A Estación Espacial brilará sobre Galicia na noite do Día Nacional

O tránsito sobre o ceo galego producirase entre as 23.11 e as 23.17, en dirección oeste-suroeste a nordeste

Nesta noite do Día Nacional de Galicia, a Estación Espacial Internacional (ISS) será visible desde calquera punto do noso territorio, pasando xusto pola vertical da Costa da Morte e o golfo Ártabro. Aparecerá polo horizonte oeste-suroeste arredor das 23.11 horas, coincidindo co luscofuscoO paso durará uns seis minutos, cun brillo espectacular, e sairá do noso campo de visión sobre as 23.17 horas, en dirección nordeste. Ningún astro, salvo a Lúa, terá tanto brillo no paso desta noite, polo que será doado localizala mirando cara ao oeste-suroeste no momento da súa aparición.

O fotógrafo e astrónomo aficionado Ignazio Magnani anunciou, como outras veces, a través de Twitter, o paso a Estación Espacial sobre o ceo galego.

A Estación Espacial está a cruzar o ceo continuamente, ás veces gravando o territorio de Galicia, pero non sempre é visible, xa que iso depende de diversos factores. Un dos últimos tránsitos máis espectaculares foi o 12 de abril deste ano.

Para observala en boas condicións, cómpre alonxarse da contaminación lumínica das cidades e situarse en lugares elevados onde haxa un bo campo de visión.

Para quen non a poida ver en vivo, a NASA ofrece en directo imaxes gravadas desde a propia Estación Espacial, polo que se hai sorte e o ceo está despexado, poderán verse as luces nocturnas que marcan a silueta de Galicia. Aquí poderás velo:

Actualmente, viaxan a bordo da Estación Espacial os estadounidenses Peggy Whitson e Jack Fischer e o ruso Fyodor Yurchikhin. Whitson, de 57 anos, posúe varios récords de estadías no espazo. O pasado 17 de novembro cumpriu 377 días consecutivos en órbita, máis que calquera outra muller, e en abril superou a cifra de Jeff Williams como a muller con máis días acumulados no espazo.

Ademais, en 2008, Whitson converteuse na primeira muller en comandar a estación espacial, e o pasado 9 de abril converteuse na primeira muller en comandar a estación espacial dúas veces. Ademais, ten o récord da maioría das camiñadas espaciais realizadas por unha muller.

3 respostas a “A Estación Espacial brilará sobre Galicia na noite do Día Nacional”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.