Ángela Vázquez, entre Rodrigo Carballo e Gregorio Iglesias, os directores da súa tese. Foto: USC.

Ángela Vázquez, entre Rodrigo Carballo e Gregorio Iglesias, os directores da súa tese. Foto: USC.

Cal é o lugar ideal para xerar enerxía coas mareas? Unha galega ten a resposta

A enxeñeira industrial Ángela Vázquez presentou no Campus Terra un novo método que combina factores económicos e espaciais

O litoral galego ten un potencial importante no desenvolvemento da enerxía mareomotriz. A diferenza de altura e a forza das correntes pode aproveitarse para usos industriais, como xa se fixo no seu tempo con moitos muíños de mareas. Coa vista posta nun posible desenvolvemento desta tecnoloxía, unha enxeñeira industrial do Campus Terra, Ángela Vázquez Álvarez, acaba de presentar a súa tese de doutoramento, que versa sobre unha nova metodoloxía para seleccionar as zonas de maior interese para o aproveitamento da enerxía das mareas. O tribunal outorgoulle un sobresaínte cum laude á investigación.

O traballo, que levaba por título “The economics of tidal stream energy: a spatial approach” foi dirixido polos profesores Gregorio Iglesias e Rodrigo Carballo. Nel, Ángela Vázquez desenvolve un método que toma como criterios de selección a combinación do custe, analizado por vez primeira desde unha perspectiva espacial, con información respecto doutros usos potenciais do espazo marítimo.

A investigación de Ángela Vázquez responde a estudos realizados en enclaves da costa galega, aínda que os resultados da metodoloxía desenvolvida son aplicables e extrapolables a calquera zona costeira.
O enxeñeiro naval e profesor titular do Departamento de Enxeñaría Naval e Oceánica da Universidade da Coruña José Ángel Fraguela Formoso foi o encargado de presidir o tribunal responsable de avaliar a tese. No xurado tamén formaron parte Andrés Payo García, xeomorfólogo costeiro da British Geological Survey, e a profesora do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC na Escola Politécnica Superior do Campus Terra, Montserrat Valcárcel, quen actou como secretaria.

Unha resposta a “Cal é o lugar ideal para xerar enerxía coas mareas? Unha galega ten a resposta”

  1. José Manuel Paz Castro

    Mi enhorabuena al trabajo y a sus padres que han sabido dirigir a su hija desde su niñez para la consecución de los logros que está alcanzando

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.