.

.

Detectan por primeira vez na USC luz cuántica bifotónica

Esta liña de investigación, desenvolvida polo grupo AEFIS, ten importantes aplicacións no campo da computación cuántica

Un grupo de investigadores de AEFIS (Agrupación Estratéxica de Física da USC) xeraron e mediron por primeira vez na USC estados cuánticos de luz bifotónica simple e entretecida mediante técnicas de coincidencias. As primeiras imaxes foron obtidas en marzo, quedando inequivocamente confirmados os estados cuánticos de luz no pasado mes de setembro mediante detección de coincidencias de fotóns.

Se ben o experimento realizado é coñecido, a súa implementación require de importantes coñecementos de óptica cuántica e mecánica cuántica. Ademais, o seu interese é notablemente estratéxico; de feito, centros prestixiosos coma o ICFO (Instituto de Ciencias Fotónicas) de Barcelona, a Universidade de Bristol (Centro de Fotónica Cuántica) ou a Universidade de Paris-Saclay contan con implementacións semellantes.

O grupo está formado por dous equipos. Un pertence ao grupo de fotónica GOIFOMO da USC coordinado polo profesor Jesús Liñares Beiras e no que participan C.Montero, V.Moreno e X.Prieto, e cuxa tarefa foi a implementación da fonte de luz cuántica e dos sistemas ópticos de control e manipulación fotónica. O outro, cuxo responsable é o profesor Abraham Gallas Torreira e no que traballa P. Vázquez, pertence ao grupo de altas enerxías GAES da USC, e traballou na implementación do sistema de detección por coincidencias con electrónica de GHz.

Os resultados abren importantes posibilidades de aplicación á encriptación cuántica, computación cuántica, simuladores cuánticos, metroloxía cuántica, teleportación cuántica, etc., consideradas coma os piares da segunda revolución cuántica, e cuxo reto foi xa asumido pola Comisión Europea (Quantum Technologies Flagship Final Report June 2017).

O experimento foi financiado por AEFIS –agrupación coordinada polo profesor Carlos A. Salgado- como ‘experimento-semente’ e apoiado ademais polos profesores Javier Mas, Máximo Plo e Alfonso Vázquez, dentro dunha liña máis ampla de impulso da tecnoloxía cuántica na USC.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.