asteroide florence 3

Cume de astrónomos na Veiga para observar o asteroide 3122 Florence

A rocha de 4,4 kms de diámetro rexistra o seu maior achegamento ao planeta Terra ata o ano 2500

Galicia conta con algúns privilexiados observatorios naturais das estrelas. Un deles está situado no concello da Veiga, elixido como destino ‘Starlight‘ cos mellores ceos para os astrónomos. Por esa razón, o mirador estelar das Travillas reunirá este venres, dende as 22 horas, a expertos en astronomía para contemplar o espectáculo do asteroide 3122 Florence, unha grande rocha de 4,4 quilómetros de diario que fará o seu maior achegamento á Terra ata o vindeiro ano 2500.

Un paso tan próximo ao noso planeta non dá motivos para preocuparse. En realidade, o asteroide Florence pasará a 18 veces a distancia entre a Terra e a Lúa. Pero será a maior proximidade dende o ano 1890 e pasará medio milenio ata que volva estar tan preto.

Florence transitará a só uns 7 millóns de quilómetros do noso planeta e ‘rozará’ a órbita terrestre a unha velocidade de 13,53 quilómetros por segundo. Florence está dentro dos asteroides “potencialmente perigosos” debido a que “as súas dimensións son maiores a 140 metros e a súa distancia mínima de achegamento é menor a 19,5 veces a distancia entre a Terra e a Lúa”.

Entre os participantes na observación no concello da Veiga estarán o astrofotógrafo Óscar Blanco, ademais de estudosos do Observatorio de Mallorca.

Facendo clic na imaxe podes ver unha animación do paso do Florence

asteroid-home_0

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.