Venres 29 Marzo 2024

Reunión contra os invasores 'alien'

Alien Species Network pode soar a título de videoxogo. Mentres que a palabra ‘alieníxena‘ asóciase con extraterrestres, cando tamén significa ‘foráneo’ ou ‘estranxeiro’. O resultado é que A Coruña e Santiago non acollen un congreso sobre ciencia ficción, senón sobre ciencia real, que afecta a un problema global: as especies invasoras.
Durante dúas xornadas, o 16 e 17 de xullo, a Universidade da Coruña e a de Santiago reúnen expertos mundiais en invasións biolóxicas, convocados pola Alien Species Network, unha rede de investigación financiada pola Xunta de Galicia, na que se integran grupos das tres universidades galegas. Coordinada por Rodolfo Barreiro, do grupo BioCost da UDC, a rede ten como principais obxectivos afondar no estudo de especies alóctonas, así como contribuír a divulgar o problema que formula esta ameaza ambiental. Tamén serve para asesorar aos organismos oficiais.
As invasións biolóxicas representan unha da principais ameazas para a conservación da biodiversidade a nivel global. Durante os últimos anos, e dende as distintas administracións, investiuse unha gran cantidade de recursos na xestión das especies invasoras, incluíndo programas de divulgación, control e restauración. Igualmente, distintos grupos de investigación estudan os mecanismos e impactos destas especies.

A rede Alien Species Network reúne a investigadores das tres universidades galegas

“O mellor xeito de frear as invasións biolóxicas pasa necesariamente por concienciar á sociedade da problemática”, explicaba a GCiencia en entrevista Sergio Roiloa, investigador da UDC e membro da rede: “debemos comprender a grande ameaza das invasións biolóxicas, o impacto negativo que para a conservación da biodiversidade supoñen as invasións biolóxicas, e dos custos económicos que poden supoñer”. Roiloa, por exemplo estuda a presenza da ‘carpobrotus, unha planta que invade as dunas de Galicia, coñecida popularmente como uña de gato.
Pero a Alien Species Network estuda tanto vexetais como animais que chegan dende afastados destinos e ameazan á flora e a fauna locais. A globalización non fixo senón aumentar a ameaza. Entre os participantes no Workshop internacional cóntanse algúns investigadores relevantes no estudo das invasións biolóxicas, así como membros das distintas administracións responsables da xestión de especies exóticas. Entre eles, estarán Fabio Bulleri, da Universidade de Pisa, Christine Maggs (Bournemouth) Elizabete Marchante (Coimbra), Ana Novoa (Stellenbosh), Xavier Lambin (Aberdeen), Francisco Arenas (Porto). Estes serían os científicos ‘alóctonos’, pero tamén hai investigadores ‘autóctonos’ como Rubén Retuerto (USC), Francisco Alemany (IEO Baleares), Rodolfo Barreiro (UDC) ou Luís González(UVigo). O cumio contra os invasores alieníxenas será na Coruña o 16 e 17 de xullo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España

As infeccións de transmisión sexual entre menores de 18 anos medran un 37% en España

O XIV Congreso Nacional GeSIDA celebrado na Coruña reúne a centos de expertos que debatirán sobre os avances e retos no ámbito do VIH

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia