Xoves 28 Marzo 2024

Galicia entra no Antropoceno, unha nova era xeolóxica

Un estudo no que participaron investigadores galegos avaliou os fluxos naturais e antropoxénicos de metais en sedimentos estuarinos de varios lugares. Entre eles, as rías de Ares, Betanzos e Cedeira. A investigación revela que os primeiros sinais do Antropoceno en sedimentos de rías de Galicia datan xa de mediados do século XX. Descubriron que estes se deben, entre outros factores, á construción de presas, pontes e estradas.

O Antropoceno foi unha denominación proposta pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Fíxoo mediante un artigo publicado na revista Science.  Nesta publicación, bautizouse unha nova era xeolóxica na que o ser humano se converte nun factor ambiental clave ao deixar a súa pegada nos sedimentos de todo o planeta. A proposta do Grupo de Traballo do Antropoceno, pola cal o Holoceno pode darse por concluído e iniciado o Antropoceno, presentouse no 35º plenario do Congreso Xeolóxico Internacional. Celebrouse na Cidade do Cabo en 2016. Actualmente a recomendación está pendente de aprobación por parte da Subcomisión de Estratigrafíado Cuaternario así como do establecemento do ano oficial do seu comezo para mediados do século XX.

Publicidade

Os resultados supoñen unha nova era xeolóxica en Galicia

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) dirixiu o estudo, que indaga nas primeiras pegadas do Antropoceno. Os resultados supoñen unha nova era xeolóxica en Galicia. O traballo realizouse a partir da análise de sedimentos das rías de Ares, Betanzos e Cedeira. As conclusións, que se comezaron a presentar en revistas científicas como Estuarine, Coastal and Shelf Science, relevan que estas primeiras pegadas datan nos tres casos de mediados do século XX.

“No ano 2016, o Antropoceno foi proposto como unha nova era xeo- estatigráfica. Así, o ser humano converteuse nun factor global que afecta a todos os ecosistemas. Os sedimentos nas zonas internas das rías galegas, isto é, a súa parte estuárica, gardan memoria do que acontece nas súas concas e conteñen información de cando os procesos naturais se mesturan cos xerados pola actividade humana”, explica Ricardo Prego, profesor de investigación no CSIC e xefe do Grupo de Bioxeoquímica Mariña do IIM.


Neste contexto, o citado grupo de investigación do CSIC deseñou un estudo pioneiro para coñecer como estaba ese tema nas rías galegas. A finalidade do mesmo foi avaliar e observar se os signos da pegada do Antropoceno estaban presentes en sedimentos galegos e desde cando. O estudo desenvolveuse no marco do proxecto de investigación MEFIO (2012-2015), financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. Contou coa colaboración de persoal de dous grupos de investigación da Universidade de Vigo –Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüedad e Territorio e Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental (Geaat)-, do Instituto Portugués do Mar e a Atmosfera (IPMA), do Laboratorio de Radiacións Ionizantes (Universidad de Salamanca) e do Centro Interdisciplinar de Investigación Mariña e Ambiental (Universidade do Porto).

Metodoloxía e resultados do estudo

A metodoloxía empregada para levar a cabo o estudo incluíu a recollida de mostras de sedimentos en zonas con baixas poboacións e baixas taxas de industrialización nas tres rías. “As zonas internas das rías, onde a influencia fluvial é maior, son idóneas para buscar a traza antropoxénica e dispoñer así dun rexistro histórico do que ocorreu durante o último século. Poderíase dicir que os seus sedimentos ‘teñen memoria’, sempre que non fosen removidos, do impacto humano na contorna”, explica Ricardo Prego. Ademais, o experto engade que “a partir de mediados do século XX moitos estuarios mariños en todo o planeta se viron afectados polo aumento de poboación e industria”. “O estudo resaltou que as tres rías galegas proporcionan unha referencia de fondo para contidos naturais no sedimento en base aos resultados datados antes de 1961 en Ares e 1940 en Betanzos, sendo Cedeira a menos alterada. Porén, hai que ter presente que a litoloxíada súa conca é diferente debido á influencia do complexo xeolóxico de Ortegal”, apunta Prego.

Os encoros, a construción e o tráfico deixaron pegada nos sedimentos das rías

Os investigadores interpretan que “na ría de Ares o principal impacto antropogénico xorde coa construción dos encoros no río Eume, e só as partículas máis finas chegan á ría, mais o fluxo de metais duplícase; na de Betanzos obsérvase o impacto da construción da ponte do Pedrido, o aumento do trafico rodado e unha crecente urbanización, sendo o resultado que a taxa de sedimentación cuadriplícase; e na de Cedeira soamente mostra a transición dunha conca agrícola a madeireira pola maior chegada de materia orgánica á ría”. O estudo dos tres casos serviu para confirmar que a era do Antropoceno tería o seu reflexo en Galicia. Os primeiros sedimentos mariños de mediados datan a mediados do século XX, coincidindo co desenvolvemento posterior á Guerra Civil Española.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais