.

.

A intelixencia artificial aprende do ‘caso Baltar’ para predicir a corrupción

Investigadores da universidade de Valladolid desenvolveron un modelo de computación para predicir as provincias onde vai haber máis corrupción

Dous investigadores da universidade de Valladolid desenvolveron un modelo con redes neuronais artificiais que empregaron para predicir en que provincias españolas poderán aparecer casos de corrupción con máis probabilidade, a un, dous ou tres anos vista.

Este modelo, que confirma a crenza de que as posibilidades de corrupción aumentan a medida que un goberno do mesmo partido político pasa máis anos no poder, utilizou, entre outros, o caso Baltar, que acabou coa condena do que foi presidente da Deputación de Ourense durante 25 anos por contratar a máis dun cento de persoas de xeito ilegal.

As provincias con máis anos de gobernos dun mesmo partido son máis propensas á corrupción

O estudo, publicado na revista Social Indicators Research, oculta, con todo, as provincias máis propensas á corrupción, “para non xerar polémica“, segundo explica á Axencia Sinc un dos investigadores. Non en tanto, aclaran que “en calqueira caso, unha maior propensión ou alta probabilidade non implica que efectivamente vaia acontecer”.

Os datos indican que o imposto de bens inmobles, a subida esaxerada do prezo da vivenda, a apertura de oficinas bancarias e a nova creación de empresas son algunhas das variables que parecen inducir á corrupción pública.
Con todo, segundo sinalan os propios investigadores, o sistema de alerta “predí menores indicios de corrupción no noso país. Isto débese fundamentalmente á maior presión pública sobre o tema e a que a situación económica empeorou notablemente durante os anos da crise”.

Un sistema novidoso

A compilación e análise de toda esta información realizouse coas redes neuronais, que amosan os factores máis preditivos da corrupción. “É novidoso tanto o uso desta técnica de intelixencia artificial, como o dunha base de datos con casos reais, xa que ata agora empregábanse índices de percepción da corrupción, unhas puntuacións máis ou menos subxectivas asignadas a cada país por axencias como Transparencia Internacional, que se basean en enquisas a empresarios e analistas nacionais”, destacan os investigadores en declaracións á Axencia Sinc.

Os autores agardan que o estudo contribúa a dirixir mellor os esforzos para acabar coa corrupción, enfocándoos cara aquelas zonas con maior propensión a que apareza, amais de seguir avanzando para trasladar o seu modelo a escala internacional.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.