Venres 19 Abril 2024

Convocado o primeiro Premio Galicia de Xornalismo Científico

A Real Academia Galega de Ciencias, coa colaboración da Axencia Galega de Innovación, vén de convocar a primeira edición do Premio Galicia de Xornalismo Científico. Este premio está aberto a pezas escritas ou audiovisuais, publicadas en calquera medio galego (ou na edición galega dun medio estatal), sexan diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión, entre o 1 de xullo de 2015 e o 30 de xuño de 2016. Ditos artigos deben estar encadrados dentro dos xéneros da noticia, a crónica ou a reportaxe, quedando excluídos expresamente as entrevistas e os artigos.

Os artigos tratarán calquera tema relacionado coa ciencia en Galicia

Poderá concorrer ao premio calquera xornalista a título individual ou en equipo, que desenvolva a súa actividade en medios de comunicación de Galicia ou en edicións galegas de medios estatais.A data límite de presentación é o 5 de setembro de 2016. O xurado estará presidido polo Presidente da RAGC e contará con catro vogais, dous designados por GAIN e dous designados pola RAGC, entre os que haberá profesionais de recoñecido prestixio relacionados cos ámbitos da comunicación e da divulgación científica.

Publicidade

Segundo se indica nas bases do certame, a peza “poderá ter como tema principal calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia (achádegos, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación, casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado, etc). A dotación do premio será de 4.000 euros netos, e ademais entregarase un diploma acreditativo ao gañador/a.

Para máis información, pódense consultar as bases ao completo nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

Gciencia: dez anos e moitos premios

O xornal da ciencia galega acadou na súa traxectoria os principais galardóns á divulgación, culturais e polo uso do galego

GCiencia recibe o Premio Peña Novo polo seu “traballo arreo a prol da cultura e lingua do país”

A fundación que impulsou os galardóns hai 28 anos louva o portal “por contribuír decisivamente a poñer en valor o galego” a través do xornalismo

Un estudo da UDC sobre intelixencia artificial, premiado pola Asociación de Empresas TIC

A investigación busca obter modelos de aprendizaxe automático máis sustentables e cunha maior protección dos datos