A moléculo de aceno creada polo CiQUS.

A moléculo de aceno creada polo CiQUS.

Científicos do CiQUS de Santiago sintetizan a maior molécula de aceno da historia

Os aneis de benceno teñen importantes aplicacións para producir dispositivos fotoeléctricos

Os acenos son moléculas constituídas pola fusión lineal de formas hexagonais baseadas en carbono, amplamente coñecidas como «aneis de benceno». Malia a súa simplicidade estrutural estas moléculas teñen atraído unha enorme atención, debido ás súas singulares propiedades electrónicas; o pentaceno, por exemplo –un membro desta familia con cinco aneis lineais-, está considerado como un dos semiconductores orgánicos máis importantes na produción de dispositivos fotoelectrónicos, mentres que acenos de maior tamaño presentan propiedades únicas que teñen fascinado aos científicos ao longo das últimas décadas.

Non obstante, os acenos máis longos son moléculas inestables, ás que non é posible acceder a través de fontes naturais. A alternativa obvia é tratar de obtelas mediante síntese química, pero esta aproximación convértese nun desafío maior conforme aumenta a lonxitude da molécula que se pretende deseñar. Non en balde, o nonaceno (nove aneisensamblados de maneira lineal) era ata o de agora o aceno máis longo de cantos se sintetizaran ata 2010.

Nun novo traballo que sairá á luz proximamente na edición internacional da revista científica Angewandte Chemie(link is external), científicos do CiQUS e o Instituto de Ciencia de Materiales e Centro de Electrónica Avanzada da Universidade Técnica de Dresde – TUD(link is external) conseguiron sintetizar o escurridizo decaceno, unha molécula formada pola unión lineal do dez aneis de benceno: o aceno de maior lonxitude xamais desenvolvido. Ao longo desta colaboración, dirixida polos profesores Diego Peña (CiQUS) e Francesca Moresco (TUD)(link is external), o equipo de químicos do CiQUS preparou mediante química en disolución os precursores que posteriormente usarían os físicos do TUD para preparar a molécula final de decaceno sobre unha superficie de ouro e en condicións de ultra-baleiro, conseguindo estabilizar este composto extremadamente reactivo. Como resultado deste proceso os científicos puideron observar as moléculas individuáis de decaceno, obtendo a súa visualización a través da técnica de alta resolución Microscopía de Efecto Túnel (STM).

Unha fazaña da investigación cooperativa en Europa
Os resultados deste traballo demostran que as colaboracións entre químicos sintéticos e científicos especializados en superficies poden conducir á resolución de desafíos históricos no ámbito da química, como evidencia esta investigación. O estudo foi desenvolvido no marco do proxecto europeo PAMS(link is external), orientado á fabricación de dispositivos electrónicos a escala nanométrica (Planar Atomic and Molecular Scale devices), e os seus autores dedicárono á memoria do profesor Erich Clar, amplamente considerado un pioneiro no campo da química de acenos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.