Xoves 28 Marzo 2024

Estas 23 científicas xa teñen nova páxina na Galipedia

Desde este martes, hai máis dunha decena de científicas galegas e outras tantas do resto do mundo que xa son un pouco máis visibles. A ‘Editatona’, unha xornada de traballo impulsada pola Biblioteca Universitaria e a Oficina de Igualdade da USC, e que contou coa colaboración da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (Amit-Gal), para editar e mellorar os artigos da Galipedia sobre as científicas galegas, conseguiu crear ou ampliar 23 novas páxinas.

Máis da metade, das pioneiras científicas de Galicia formadas na USC. Destacan os perfís de investigadoras como Dolores Lombardero, Antonia Ferrín, Josefa Ron Noya, Ana Crespo, María de la Concepción Carnero Valenzuela, Irene Lucía Álvarez Veras, Luisa Cuesta Gutiérrez, Tarsy Carballas Fernández, Ramona Vaamonde Fernández, Gueraula Codines, Ascensión Vidal Piazuelo, Manuela Barreiro Pico, Dolores Lorenzo Salgado ou María Rosario Aida Méndez Miaja.

Publicidade

A actividade celebrouse de xeito presencial na Biblioteca Concepción Arenal da USC e acudiron 23 persoas, ás que hai que lle sumar 6 máis que participaron de maneira virtual. A organización da Editatona seleccionou unha lista de 85 mulleres que estudaron na USC entre 1910 e 1960, baseándose na tese de doutoramento realizada pola investigadora Xoana Pintos, doutora en Historia das Ciencias e das Técnicas.

Ademáis da edición das biografías das científicas, a xornada serviu tamén para que os asistentes coñeceran máis de preto o funcionamento da Wikipedia grazas a unha charla impartida por un dos representantes da Galipedia. Na súa intervención, subliñou a necesidade de crear artigos precisos e veraces, indicando as fontes da información. Tamén se explicou o funcionamento de Commons e WikiData como repositorios de información, tanto de documentos audiovisuais como de datos.

Nesta páxina podes consultar a lista de todas as mulleres investigadoras incluídas na Galipedia despois da Editatona deste 20 de febreiro.

– A lista completa: Kisamor, Dolores Lombardero Martínez, Antonia Ferrín, Josefa Ron Noya, Ana Crespo, María de la Concepción Carnero Valenzuela, Irene Lucía Álvarez Veras, Luisa Cuesta Gutiérrez, Tarsy Carballas Fernández, Ramona Vaamonde Fernández, Gueraula Codines, Ascensión Vidal Piazuelo, Manuela Barreiro Pico, Dolores Lorenzo Salgado, María Rosario Aida Méndez Miaja, Susan Dimock, Elisabeth Christina von Linné, Balbina López Somoza, Anna Sandström, Elisa Díaz Riva, Rebeca Atienza, Sarah Parker Remond e Catherine Gage.

4 COMENTÁRIOS

  1. Moitísimas grazas pola difusión e permitide un pequeno apuntamento: a actividade partiu e coordinouse dende a BUSC, Biblioteca Universitaria da USC. Tampouco queremos que o traballo das compañeiras que fixeron posible o evento non sexa visible 🙂

    • Ya era hora. Os merecéis este reconocimiento, Tarsy. Estoy encantado de poder felicitarte. Un beso

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Real Academia Galega de Ciencias incorporará cinco académicas en 2022

Unha medida que impulsa a institución para para romper a brecha de xénero, após dun informe que revela unha representación de mulleres inferior ao 20%

“Ciencia en Feminino”: políticas de visibilidade

GCiencia e Deputación de Pontevedra colaboran na actividade, coa presenza de Ana Jesús López, Amparo Alonso, Águeda Gómez e Carmela Silva

Antonia Ferrín, a astrónoma que descubriu varias estrelas dobres

A investigadora ourensá, colaboradora de Ramón María Aller, foi a primeira muller en ler unha tese sobre astronomía en España

Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer

Como se adoita dicir, non están todas as que son, pero...