A terceira edición do Pontenciencia celebrarase os días 3 e 4 de Xuño en Pontevedra.

A terceira edición do Pontenciencia celebrarase os días 3 e 4 de Xuño en Pontevedra.

Chega a III Edición de Pontenciencia

A cita da Miniciencia de Pontevedra amplía o seu programa de actividades dirixidas ós máis pequenos

O próximos días 3 e 4 de xuño, celebrarase a terceira edición da Feira de Miniciencia de Pontevedra, a Pontenciencia 2016. Este evento que ten por finalidade expoñer os proxectos de investigación escolar e acercar a ciencia ós máis pequenos, celebrarase no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e será aberta ó público.

Este ano celébrase a terceira edición dunha cita na que os nenos colaborará coa Universidade, coa Misión Biolóxica e co CIFP Carlos Oroza para realizar investigacións científicas e que contará con tres espazos diferenciados.

O primeiro deles corresponde ó espazo expositivo no que se exporán os proxectos dos participantes e da comunidade universitaria. A continuación, o espazo de proxección audiovisual cun programa de vídeos relacionados co mundo da investigación e da ciencia e un terceiro espazo interactivo con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira, incluíndo opcións axeitadas a cada idade.

Os alumnos dos CEIP/CEP do concello de Pontevedra poderán participar nas modalidades de Ciencia no Cole ou Ciencia en Familia. Exporán os resultados dos proxectos de investigación que seleccionen a partir das propostas realizadas por un comité científico universitario ou ben dunha temática libre, e que levaron a cabo co apoio dos seus mestres e familiares. E farase entrega de diplomas pola presentación dos proxectos a todos os participantes e colaboradores.

Aquí podes ver ou descargar o programa de Pontenciencia

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.