Venres 19 Abril 2024

Chega a Coruña o neurólogo premio Nobel de Medicina Erwin Neher

O premio Nobel alemán Erwin Neher pronunciará este xoves 23 de febreiro unha conferencia na Coruña, convidado polo Coruña Biomedical Institute Foudation (Corbi Foundation). A charla forma parte do programa CorBI Neuroscience Lectures, que queren achegar a Galicia a científicos de renome internacional.

A conferencia, de entrada libre e aforo limitado, será no salón de actos da Domus da Coruña o propio xoves 23 de febreiro, ás 19.30 horas. Corbi destaca que os traballos de Neher están “centrados en novos métodos para o estudo de sinais en células nerviosas“, que teñen sido “fundamentais para o noso coñecemento actual da estrutura e función do sistema nervioso”. Tamén salientan as técnicas desenvolvidas por Neher, “imprescindibles para o desenvolvemento e avaliación de máis eficaces fármacos destinados ao tratamiento, non só de doenzas neurolóxicas, senón tamén cardiovasculares ou do sistema endocrino”.

Publicidade

Erwin Neher, nacido en Alemaña en 1944, formouse en Física na Universidade de Múnic e en Medicina, na Universidade de Gotinga. Xa nos Estados Unidos, especializouse en Fisioloxía, nas universidades de Wisconsin e Yale. En 1983, asumiu cargos directivos no Instituto Max Plank de Gotinga.

“Quen aforra en ciencia acurta o seu futuro”, di Neher

Nas súas investigacións, destacan os principios biofísicos e moleculares no fluxo de información entre as neuronas, un aspecto clave en doenzas como o Parkinson e o Alzheimer. O Premio Nobel de 1991 chegoulle grazas as téncias Patch-clamp para medir o fluxo de iones calcio a través das canles de membrana celulares. O investigador avanzou na importancia dos sinais de calcio na sinapsis que supón a comunicación entre as neuronas.

Ademais dun científico aclamado, Erwin Neher é tamén un cidadán concienciado coa importancia da investigación para a sociedade. En tal sentido, nas súas últimas entrevistas e conferencias ten protestado contra a austeridade económica, “que está a facer moito dano á ciencia”. “Quen aforra en ciencia acurta o seu futuro”, di Neher.

Nunha conferencia en Valladolid no 2016, Neher lamentou que moitos científicos en España tivesen que emigrar ao seu país, Alemaña. “Son consciente de que moitos científicos españois están a buscar un futuro en Alemaña”, lamentou o científico, quen lembrou aos políticos “que a ciencia é progreso“, ao tempo que criticou que se estea “a abocar á xente máis cualificada do país para buscarse a vida fóra das súas fronteiras”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España