170623rpas

Campus Terra e Deputación de Lugo ofrecen 10 bolsas para un curso de drones

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC permite aos alumnos e alumnas do grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía que estean a completar a súa formación na EPS amplíen coñecementos e tamén as súas competencias profesionais a través da realización dun curso avanzado de pilotaxe de vehículos aéreos non tripulados (RPA) acreditado pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (Aesa) que os capacite para realizar operacións profesionais con ‘drones’, un mercado laboral en expansión en con moitas posibilidades de futuro.

O curso está dirixido a alumnos de Xeomática e Topografía

A EPS ofrece, en colaboración coa Deputación de Lugo, un total de 10 bolsas para a realización deste curso avanzado (teórico e práctico) de piloto de RPAS con certificado de coñecementos acreditado pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (Aesa). As distintas sesións formativas programadas impartirase no mes de xullo grazas ao convenio asinado co Real Aeroclub de Lugo (ATO-221 aprobada por Aesa). O curso está adaptado á normativa de RPA de menos de 25 kg., prácticas cun modelo xenérico (Phantom 4), simulacións e vos reais.

As bases da convocatoria establecen que as persoas que soliciten unha das bolsas que cubre os gastos de matrícula do curso, agás os relativos ao pago do certificado médico LAPL ou clase2, que correrá por conta do interesado, deben ser alumnas da USC que durante o presente exercicio académico 2016-2017 formalizaron a súa matrícula en polo menos 12 créditos académicos do último curso do grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía.

A superación da entrevista persoal realizada pola comisión de avaliación desta convocatoria e a presentación antes do 29 de xuño dun certificado médico LAPL ou clase 2, no que un un médico aeronáutico acredite a “aptitude para voar” dos candidatos/as son outros dos requisitos esixidos para resultar beneficiario/a destas bolsas.

O curso, que está estruturado nunha programación teórica de 60 horas de duración, trala que se realizará un exame, e diversas sesións prácticas, que se desenvolverán nas instalacións do aeródromo de Rozas, no concello de Castro de Rei, comezará o 1 de xullo e terá continuidade os días 2, 8, 9, 15 e 16 de xullo, en horario de 9.00 a 20.00 horas. As persoas interesadas poden obter máis información a través dos enderezos de correo electrónico epssecdi@usc.es e mariaj.iniesto@usc.es.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.