Os investigadores demostraron que dispoñer de dúas linguas nas que expresarse diminuía os síntomas da dislexia. Imaxe: Pixabay.

Os investigadores demostraron que dispoñer de dúas linguas nas que expresarse diminuía os síntomas da dislexia. Imaxe: Pixabay.

O bilingüismo diminúe os síntomas da dislexia

Científicos vascos e galeses demostra que "un bilingüe pódese apoiar nos recursos que usa nun idioma para axudar a procesar o outro"

A dislexia é un déficit da capacidade lectora que dificulta a aprendizaxe e que afecta a entre o 3 e 10% da poboación. A súa transmisión é en parte xenética, e o seu diagnóstico realízase en menores de entre 8 e 9 anos, aínda que os síntomas maniféstanse antes. Ata o momento, a única forma de combater este trastorno era a través de tratamentos precoces adaptados á idade e síntomas do paciente.

Os bilingües de galés e inglés con dislexia tiñan problemas máis leves que os que só falaban inglés

Agora, unha investigación desenvolvida pola Universidade de Bangor (Gales) e o Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL) de San Sebastián demostrou que algunhas combinacións de bilingüismo, transmitidas desde idades moi temperás, contribúen a reducir os seus síntomas.

O obxecto principal era comprobar se un bilingüismo adquirido por nenos que aprenden a ler en inglés e galés ao mesmo tempo podía beneficiar a quen sufría dislexia avaliada na lingua inglesa. “E a resposta é si”, afirma tallante Marie Lallier, científica do BCBL e unha das autoras do estudo, publicado en Scientific Studies of Reading.

O traballo realizouse con adultos que na súa infancia creceron con estes idiomas como linguas maternas por unha razón fundamental: o galés é dos chamados transparentes, é dicir, as súas letras sempre teñen o mesmo son, como o castelán e o eúscaro. Con todo, o inglés, do mesmo xeito que o francés, é considerado opaco, porque una mesma letra pode ter varios sons ao ser lida.

As novas conclusións revelan, por primeira vez, unha diferenza clara e inequívoca entre os síntomas que mostran as persoas disléxicas bilingües e monolingües. E a súa importancia radica en que se demostrou unha transferencia entre idiomas no caso das persoas que falan dúas linguas.

O déficit de lectura e escritura en inglés nos disléxicos bilingües “era menos forte”, sinalan os expertos

“Un bilingüe pódese apoiar nos recursos que usa nun idioma para axudar a procesar o outro, e iso é importante porque pode ser de gran axuda para adultos con dificultades na linguaxe”, subliña Lallier. Os expertos partiron dunha hipótese: se unha nena ou un neno aprende un idioma transparente xunto con outro opaco, o primeiro contribuirá a “a descodificación ou a adquisición da lectura do máis complexo (é dicir, o opaco)”.

E os resultados foron concluíntes. “O déficit de lectura e escritura en inglés que sufrían as persoas disléxicas que aprenderan a falar en galés e inglés era menos forte que o de quen adquirira só un idioma opaco (o inglés). Era unha diferenza significativa e bastante clara”, segundo explica Lallier.

Os investigadores utilizaron a 60 persoas de entre 18 e 40 anos distribuídas en catro grupos: no primeiro xuntaron a 15 adultos con dislexia monolingües ingleses e no segundo, a outras 15 disléxicos bilingües en galés e en inglés. Os outros dous grupos, tamén de 15 membros cada un, estaban compostos polos chamados controis, persoas sen dislexia monolingües e bilingües utilizados para comparar os resultados.

Todos os participantes recibiron os mesmos estímulos en inglés para comprobar os síntomas da dislexia

Todos os participantes recibiron os mesmos estímulos en inglés para comprobar se o feito de aprender a ler nos dous idiomas permitira aos disléxicos bilingües ter problemas menos severos –en procesos de lectura e fonológicos– que os que non coñecían o galés. “Todos tiñan dislexia, pero demostramos que os bilingües sufrían problemas menos importantes en inglés que os de fala exclusivamente inglesa”.

E como inflúe este bilingüismo nos escolares, que son quen potencialmente sofren con máis dureza os efectos da dislexia? Lallier precisa que este estudo só foi testado sobre adultos, pero atrévese a dicir que “seguramente, estas persoas bilingües angloparlantes tiveron menos dificultades coa lectoescritura en inglés ou superaron algúns trastornos con menor dificultade que os nenos que non aprenderon galés”.

Non se pode dicir que un segundo idioma cure a dislexia, porque os adultos do estudo seguen téndoa; só diminuíron algúns dos síntomas. En xeral, é bo para combatela, pero hai diferentes tipos de bilingüismo: uns aprenden un segundo idioma desde que nacen, outros aos seis anos… por iso non se pode dicir aínda que sexa bo para todos os casos”, puntualiza. Os autores defenden que as persoas bilingües afectadas por este trastorno deberían recibir sempre o apoio e a reeducación de logopedas e persoal especializado.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.