Xoves 28 Marzo 2024

O Centro de Forestal de Lourizán conmemora o centenario da morte de Baltasar Merino

Expertos de diversos campos participaron hoxe no Centro de Investigación Forestal de Lourizán nunha xornada dedicada a conmemorar o primeiro centenario do pasamento do pai xesuíta Baltasar Merino, a figura que foi elixida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) como científico galego deste ano. Os conferenciantes coincidiron en destacar a importancia dunha figura que tivo un papel pioneiro en Galicia en campos como a botánica e a meteoroloxía.

Na presentación da xornada, o director xeral de Ordenación Forestal da Xunta, Tomás Fernández-Couto, destacou o carácter autodidacta de Merino e a súa vocación tardía, xa que comezou a practicar a botánica cando contaba case 50 anos. Salientou ademais a súa formación humanística e o grande esforzo que supuxo no seu momento o traballo de recolleita de mostras e de observación que levoulle a elaborar un herbario no que se definen 1.845 especies e subespecies de plantas, existentes na xeografía galega.

Publicidade

Merino elaborou un herbario no que se definen 1.845 especies e subespecies existentes en Galicia

A maior parte do coñecido como Herbario Merino atópase no propio Centro de Investigación Forestal de Lourizán, aínda que outras partes do mesmo están depositadas no Museo do Historia Natural da USC, no colexio Sánchez Cantón de Pontevedra e no Xardín Botánico de Madrid.

O investigador Francisco Silva Pando destacou na súa intervención o valor que ten o herbario aínda hoxe e sinalou que foi o primeiro intento por sistematizar a flora existente na comunidade, o que daría lugar á publicación da Flora de Galicia (en tres tomos entre 1905 e 1909), unha obra que marcou un fito na botánica galega e do resto de España.

Pola súa banda, o catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, Francisco Díaz Fierros, falou sobre o traballo de Merino como precursor da meteoroloxía en Galicia. Apuntou que o observatorio que Merino dirixiu en Camposancos (A Guarda) foi o cuarto que se creou en Galicia no que se refire á cronoloxía,  pero en cuanto a calidade dos datos rexistrados chegou a converterse no máis importante.

A finais do século XIX xa suxería que os patróns levasen barómetros nos barcos

Díaz Fierros lembrou que Merino publicou varios traballos relacionados coa meteoroloxía, entre eles unha obra na que analizaba o crecemento da vexetación do Baixo Miño en relación co clima, Por outra banda,  foi un home ao que sempre preocupou moito a posibilidade de predicir as borrascas para evitar os naufraxios. Nesta liña, lembrou que Merino suxería xa a finais do século XIX que os patróns dos barcos levaran a bordo pequenos barómetros para evitar tormentas como a que provocou a catástrofe de Póvoa de Varzím en 1892, con máis de cen mariñeiros mortos na costa portuguesa.

Baltasar Merino naceu en Lerma (Burgos) en 1845 e despois de viaxar e vivir en diversas partes do mundo chegou a Galicia en torno a 1880. Traballou como docente no colexio xesuíta de Camposancos, onde iniciaría as súas investigacións no campo da meteoroloxía. Tamén comezou a interesarse pola botánica o que levoulle a realizar viaxes por toda a xeografía galega para recoller e clasificar plantas de todo tipo. En 1909 terminou a publicación da súa Flora de Galicia, unha obra de referencia aínda hoxe. Faleceu en Vigo en 1917.

1 comentario

  1. Por favor! que barbaridade! a persoa que escrebe estes artigos debería perfeccionar o seu galego: “o traballo de recolleita de mostras e de observación que levoulle a elaborar un herbario…” o correcto sería: “o traballo de recolleita de mostras e de observación que o levou a elaborar un herbario…”
    “Tamén comezou a interesarse pola botánica o que levoulle a realizar viaxes…” o correcto sería: “Tamén comezou a interesarse pola botánica o que o levou a realizar viaxes…”
    Un pouco de coidado, por favor, co noso idioma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os primeiros observatorios meteorolóxicos de Galicia

A Universidade de Santiago foi pioneira da meteoroloxía sistemática ata que se creou a rede das principais cidades galegas a finais do século XIX

“Braña” (1977), a primeira revista científica en galego

A finais dos anos 70 aparecía esta publicación impulsada por Francisco Díaz Fierros e a Sociedade Galega de Historia Natural

Así foi o ‘Ano sen verán’ en Galicia en 1816

A erupción cataclísmica do volcán Tambora en Indonesia deixou temperaturas invernais en todo o planeta naquel estío

Os castiñeiros da Galicia atlántica, un refuxio xenético milenario

Un traballo do Centro de Investigación Forestal de Lourizán salienta a peculiaridade das poboacións locais de "Castanea sativa"