Venres 19 Abril 2024

Así se ve Galicia dende a Estación Espacial Internacional

Os días na Estación Espacial Internacional non duran moito. De feito, os astronautas ven amencer e anoitecer 15 veces cada vintecatro horas. Orbitando a 27.750 quilómetros por hora, a unha altura de 360 quilómetros, cada día dan 16 voltas arredor da Terra.

Dende que foi lanzado polos rusos en 1998 o primeiro módulo, chamado Zarya, a ISS ten realizado máis de 80.000 órbitas. E, como as xornadas na estación espacial teñen tantos ‘días’, o tempo dá para moito. Malia facer importantes experimentos, os astronautas adoita fotografar o planeta Terra, sobre todo dende o módulo cúpula, construído como un miradoiro.

Publicidade

A Coruña vista dende a Estación Espacial Internacional no ano 2007.
A Coruña vista dende a Estación Espacial Internacional no ano 2007.

Ao longo de quince anos, moitas desas imaxes teñen retratado Galicia. Os astronautas tiraron fotos nas que se observa o país enteiro, xunto a outras que retratan as Rías Baixas, a Costa da Morte, as cidades da Coruña e Ferrol ou mesmo pequenas vilas, que aparecen anotadas co seu nome pola NASA.

Unha foto das Rías Baixas tomada no 2011 dende o módulo Cúpula da ISS.
Unha foto das Rías Baixas tomada no 2011 dende o módulo Cúpula da ISS.

Todas as fotos tiradas dende a Estación Espacial Internacional están recollidas e agrupadas pola NASA nunha web chamada ‘Gateway to Astronaut Photography of Earth’, onde poden consultarse por un buscador ou por un mapa.
A meirande parte das imaxes son posteriores ao ano 2003, pero tamén se inclúen algunhas de Galicia dos anos 1995 e 1997. Neste caso, foron tiradas por astronautas das misións dos transbordadores espaciais como o Columbia ou o Endeavour.

O Golfo Ártabro no ano 2005 dende a ISS.
O Golfo Ártabro e a Costa da Morte no ano 2005 dende a ISS.

Quen, pola contra, queira fotografar a Estación Espacial Internacional dende Galicia ten unha opción sinxela. A NASA ofrece un servizo gratuíto polo que envía un mail para avisar con horas de adianto cando vai pasar por unha zona completa do planeta e haberá boa visibilidade para seguila. Só envía alertas se coincide coa noite e está nun punto elevado sobre o horizonte. A ISS obsérvase como se fose un avión a moi alta velocidade, ou como unha estrela fugaz chamativa por ser moi brillante. Segundo as épocas, estas condicións acontecen en todo o planeta entre dúas veces por semana e unha vez cada dous meses.

Ferrol e a súa ría, nesta fotografía dende o espazo tirada no 2007 dende a ISS.
Ferrol e a súa ría, nesta fotografía dende o espazo tirada no 2007 dende a ISS.

 

Foto que a NASA identifica como cabo Touriñán tomada no 2007.
Foto que a NASA identifica como cabo Touriñán tomada no 2007. En realidade, cabo Prior.

 

Sálvora e Illa de Arousa fotografados pola Estación Espacial Internacional no 2007.
Sálvora e Illa de Arousa fotografados pola Estación Espacial Internacional no 2007.

Todas as fotos tomadas pola ISS de Galicia están dispoñibles
nesta páxina da NASA

5 COMENTÁRIOS

  1. O máis curioso é que na fotografía principal, alonxadísima, distínguese o bestial corte do trazado que a AP-9 supón a pesar do beneficio económico e de movilidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023