Martes 19 Marzo 2024

Rosalía de Castro ten este cráter no planeta Venus

Rosalía de Castro é, dende 1994, un cráter do planeta Venus. A Unión Astronómica Internacional (UAI) decidiu bautizar con nomes de muller os accidentes xeográficos do segundo mundo do Sistema Solar. E así lle deron o nome da autora de ‘Cantares Gallegos‘ a un cráter de impacto de 22,6 kms de diámetro situado no punto de latitude 3,4 graos Norte e 233,9 de lonxitude.

A UAI fixo unha convocatoria internacional para que astrónomos afeccionados propuxeran nomes de mulleres vencelladas ao mundo da cultura. E aquí tivo especial protagonismo Henrique Pujales, director do obradoiro de astronomía que se realizaba no Instituto Fernán Esquío de Neda. Pujales escribiu á Unión Astronómica propoñendo o nome de Rosalía e acompañando a petición cunha biografía da poetisa. A proposta foi aceptada e dende 1994 un cráter de Venus leva o nome de Rosalía de Castro.

Publicidade

Venus foi sempre considerado un planeta irmán da Terra, por ter un tamaño similar. Pero a súa superficie ten unha temperatura media de 463 grados. E o único parecido entre o cráter Rosalía de Castro e Galicia pode ser que está cuberto de nubes. De feito, estas masas nubosas impediron tradicionalmente a observación da superficie venusiana, que non foi enteramente cartografada ata a chegada da sonda Magalhães da NASA, en 1990, o que posibilitou que se puidera dar nome aos seus accidentes xeográficos. As nubes de Venus están formadas, en parte, por ácido sulfúrico. E posibilitan, xunto coa súa proximidade ao Sol, que sexa o obxecto máis brillante do ceo nocturno, xunto coa Lúa e a Estación Espacial Internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As 10 palabras do galego que estás dicindo mal

Brote, gafas, espalda... Son palabras de uso común, pero tamén castelanismos. Cales son os termos correctos?

A cara máis descoñecida de Rosalía: cando a poeta se opuxo á tala da carballeira de Conxo

A autora galega foi unha das primeiras en España en lanzar proclamas en defensa da natureza e do medio ambiente

As primeiras 48 horas tralo impacto do asteroide que acabou coa vida dos dinosauros

A colisión provocou un megatsunami cunha enerxía 30.000 veces maior ao do Índico en decembro de 2004, no que morreron máis de 230.000 personas

Por que ficou esquecida a fotógrafa Ruth Matilda Anderson?

A investigadora Alba Rodríguez Saavedra, da UVigo, estudou os motivos polos que as traducións da autora foron excluídas durante máis de 80 anos en Galicia