Pepe Solla e Graciela Ramilo.

Pepe Solla e Graciela Ramilo.

Aprender ciencia nos fogóns é posible

Pepe Solla e o CSIC presentan os vídeos de “Cociña Con Ciencia”, onde divulgan a necesidade de coidar a conservación dos alimentos

O CSIC e o cociñeiro Pepe Solla presentaron este venres en Vigo os vídeos do programa Cociña Con Ciencia, no que a institución e o coñecido cociñeiro unen forzas para concienciar á poboación da importancia da seguridade alimentaria, desde o proceso de produción, pasando pola compra e a conservación, ata a súa preparación na cociña. A iniciativa xorde para achegar aos cidadáns o traballo do grupo de investigación de microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, dependente do CSIC.

Cociña con Ciencia comezou no mes de marzo coa celebración de tres demostracións científicas conducidas por Solla e a microbióloga do CSIC Graciela Ramilo, responsable do proxecto. Nestas actividades, preparáronse platos elaborados por Solla nos que se puxo de manifesto a importancia dun bo coidado dos alimentos para garantir a saúde dos consumidores, facendo ver que se poden mudar os malos hábitos a través de pequenos xestos. Deste xeito, poden evitarse enfermidades de transmisión alimentaria de forma práctica e amena.

No acto de presentación déronse a coñecer os tres vídeos que conforman o proxecto. O primeiro deles, que se pode ver baixo estas liñas, consiste na elaboración dun prato de atún mariñado, sopa de tomate aderezado, verduras envinagradas e iogur, no que se van amosando as precaucións que se deben tomar cando se prepara peixe.

E como en toda boa comida, non pode faltar o postre. Así Solla e Ramilo tamén participan na elaboración dun flan de froita da paixón acompañado de améndoa e queixo do Cebreiro. Neste vídeo, amósase a necesidade de coidar a conservación do ovo e os produtos lácteos sen pasteurizar.

Nos vindeiros meses, o proxecto continuará con novas actividades de divulgación en centros educativos, asociacións de veciños e mercados, que se irán difundindo na páxina web. Cociña con Ciencia, unha iniciativa do CSIC, a través do Instituto de Investigacións Mariñas, e Pepe Solla, está financiado pola Fecyt e conta co apoio do Concello de Vigo, Gadis e  Afundación.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.